Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2010
Imaxe
O T R E N C D U , D E V I A X E P O L A E S C O L A . . . Durante esta semana temos de viaxe polo colexio ao noso TREN CDU da biblioteca. Nos seus vagóns viaxan as novidades que se presentan ante todos os ratiños e ratiñas lectoras da escola. Como podedes comprobar cada material leva a etiqueta de N O V I D A D E S e é nesta estantería onde permanecerán mentras non pasen a formar parte da súa estantería, coa súa cor: Lila, verde, marrón e co seu número de vagón correspondente 0,1,2... Na máquina do tren hai unha carta do Ratiño e da Ratiña de Biblioteca coas instruccións e as explicacións correspondentes para que o tren chegue desde educación infantil ata sexto.
Imaxe
A T R A D I C I Ó N O R A L , C O N T O S C A N T A D O S Na biblioteca tivemos unha nova sesión de Contos Cantados . Nesta ocasión presentamos as historia de Loboferoz e de Dona Carme . Aquí tendes ao público de Educación Infantil asistindo á representación. De debaixo da cama de Dona Carme foron saíndo unha chea de animais: can, gato, rato, galo, vaca, porco, burro....e LOBO! e aínda así Dona Carme non espertaba... Como durme Dona Carme!... Na biblioteca están á vosa disposición os dous libros, por se queredes volver a contar e cantar a historia.
2 1 D E F E B R E I R O , D Í A I N T E R N A C I O N A L D A L I N G U A M A T E R N A O 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna , esta data foi establecida en 1999 pola Conferencia Xeral da Unesco, para promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural Transmisoresdalingua Red
Imaxe
P R O P O S T A S P A R A O D Í A I N T E R N A C I O N A L D A L I N G U A M A T E R N A 1. Educa no respecto a todas as linguas 2. Transmite o valor da diversidade 3. Cultiva as linguas con menos falantes 4. Fomenta a aprendizaxe de linguas 5. Perde o medo a equivocarte 6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa 7. Acolle as outras linguas que te rodean 8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua 9. Practica o ecoturismo lingüístico 10. Fala tamén para os que están preto
Imaxe
KAMISHIBAI DEREITOS DA INFANCIA Como punto final ás activdades do trimestre comprendido entre a Declaración dos Dereitos Humanos, Dereitos da Infancia e Día Escolar pola Paz e a non Violencia presentamos na biblioteca un traballo realizado polos nenos de 4º de primaria para expoñer no KAMISHIBAI En sesións por ciclos todos os nenos e nenas de primaria poideron escoitar os dereitos e ver as ilustracións que inspiraron eses textos.
A N X O M O U R E N A B I B L I O T E C A Sempre nos alegramos de que Anxo Moure visite a nosa biblioteca. Este ano e grazas á colaboración do Concello de Mos gozamos unha vez máis coa súa presencia. Como só el sabe, encheu a biblioteca de maxia, paz, solidaridade... Levounos a visitar coa imaxinación outros continentes: África, Sudamérica... Pasámolo xenial e quedamos con fame de máis historias, agardamos que Anxo volva pronto no seu patinete, ten as portas abertas da biblioteca para cando el queira.