Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2023

25N: LATRINALIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
"Tira da cadea" é o nome do proxecto de Latrinalia Contra a Violencia de Xénero que estivemos levando a cabo, colaborando co Equipo de Convivencia e Benestar, este novembro con motivo do 25N. Latrinalia é o arte do grafitti nos baños (as letrinas) e por iso nestes días, os nosos baños foron o escenario protagonista para facer as propostas.  Porque queremos tirar toda a violencia de xénero polo retrete, queremos que ao tirar da cadea, todo o negativo e violeto desapareza... O obxectivo desta actividade é tranformar espazos cotiáns en pantallas de concienciación, usando os nosos baños como murais para espallar mensaxes contra a violencia de xénero (ao contrario do que acostumamos ver escrito...). Cada pincelada, cada palabra escrita, converteuse nun lembrete tanxible de que é fundamental loitar contra a violencia de xénero. A latrinalia permite que a arte sexa unha ferramenta para o cambio social, dando vida a mensaxes de igualdade, respecto, amor e solidariedade. Así, os no

NOVIDADES NOVEMBRO II

Imaxe
Agardamos que gocedes destas novidades as cales estarán dispoñibles para préstamo á volta das vacacións de Nadal. O noso Equipo de Voluntariado traballa arreo para axudar a dinamizar a nosa biblio. Aquí os podedes ver en plena acción, organizando estas novidades para todxs vós.

A BIBLIO NOS RECREOS

Imaxe
Neste curso, voltamos coa apertura dos recreos na biblio ! Todas as semanas, os luns, mércores e venres, o alumnado de Educación Primaria, pode gozar deste intre no espazo da biblio, acompañado cada día por compañeirxs de 5º e 6º de EP pertencentes ao Equipo de Voluntariado, quenes desenvolven unha gran labor. Neste momento, poden, desde pasar o tempo de lecer coa compañía dun bo libro ata gozar dos espazos de xogo, experimentación e creación. Tamén, ao longo do curso, levaranse a cabo propostas diversas, como poden ser obradoiros no espazo creativo, para dinamizar máis activamente este momento. Outra das propostas que segue en marcha e que se oferta todos os luns no patio de primaria é a Bibliopatio, un espazo ao aire libre onde o alumnado pode gozar da natureza mentres len, comparten ideas ou simplemente reláxase nun ambiente máis tranquilo.

20N: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Imaxe
No  Día Universal da Infancia, celebrado o pasado 20 de novembro, sumámonos á iniciativa de  ASEAF (Asociación Estatal de Acollemento Familiar) do DÍA DO PIXAMA , acudi ndo ao cole en pixama como simboloxía do dereito que ten toda a cativada a ter un fogar co seu "momento pixama" (quentiño, ao carón da familia, nun fogar que o quere e coida con agarimo). En coincidencia desta conmemoración co día do Acollemento Familiar (recollido baixo o lema “todo nenx ten dereito a medrar en familia” ) damos visibilidade á realidade que viven casi 17.000 nenxs en España que crecen en centros de acollida. O alumnado de sexto preparou un manifesto explicativo sobre esta data e sobre esta situación en cuestión, expoñéndoa en directo a todo o centro na hora de ler a través da radio escolar. Na biblio, ofertamos unha pequena exposición bibliográfica sobre a importancia e o dereito da infancia a ter unha familia, independentemente das súas características, respectando valor da mesma. Ademais, d

NOVIDADES

Imaxe
 As primeiras novidades do curso están aquí! Xa podedes ollealas para que recorran despois as vosas casas. Felices lecturas

O NOSO SAMAÍN

Imaxe
Na conmemoración do Samaín, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Seccións Bilingües , levamos a cabo diversas actividades para festexar e vivenciar esta data.  Aquí deixamos unha pequena mostra delas: Presentación sobre a orixe do Samaín a cargo do alumnado de 6º de primaria , quen realizou unha presentación audiovisual para expoñer a todo o alumnado do cole no noso escenario de reflexión. Como xa é costume, en colaboración coas nosas familias tan participativas, tivemos a exposición de cabazas decoradas en relación coa temática do PDI, nesta ocasión con elementos de refugallo (evitando o exceso de consumo). Para nomear esta exposición, cada grupo aula adornou e personalizou unha letra coa temática axeitada para tal festividade, quedando así de terrorífica: Coa nosa auxiliar de conversa , Katie, realizamos diversos obradoiros e propostas de aprendizaxe relacionadas con esta data, onde tamén nos achegou a súa cultura. Así, o alumnado de infantil gozo