UN NADAL ESPECIAL

Nesta época tan especial do ano, a nosa biblioteca converteuse nun punto de encontro para o alumnado, as familias e o profesorado. 

Organizamos no centro unha serie de actividades para celebrar o Nadal en comunidade e encher o centro de espírito festivo.

1. Obradoiro de Nadal en familia: unha tarde especial onde realizamos diferentes manualidades en diferentes espazos, entre eles a bilioteca ou a Aula do Futuro, para decorar o noso centro, tanto a entrada e corredor principal como as árbores. Este obradoiro foi unha marabillosa oportunidade para compartir momentos en familia e reforzar os lazos entre a comunidade educativa.









2. Charla inspiradora: as nosa ex alumna Irene Anta Pérez converteuse con 19 anos na directora da Rondalla Santa Eulalia de Mos,  unha agrupación musical que simboliza a esencia destas datas festivas,
demostrando así que o talento, o esforzo e a paixón non teñen límites.

Durante a súa charla, Irene compartiu connosco como a música e o traballo en equipo a acompañaron dende os seus primeiros pasos ata o seu actual logro de liderar unha das rondallas máis recoñecidas da nosa contorna. A súa experiencia non só nos emocionou, senón que nos deixou unha mensaxe importante: o espírito do Nadal tamén reside na dedicación, na paixón polo que facemos e na capacidade de compartir os nosos talentos co mundo.

Esta visita serviu non só para coñecer máis de preto a traxectoria dunha das nosas ex alumnas, senón tamén para inspirar aos noso alumnado a perseguir os seus soños e confiar nas súas capacidades.

3. Cantos de Nadal: nas horas de ler da última semana os nenos e nenas prepararon fermosos Cantos de Reis, unha tradición moi arraigada en Galicia, que se celebra durante estas festividades. Este costume consiste en que grupos de mozos, coñecidos como "reiseros", percorren as rúas das súas localidades cantando cancións típicas que celebran a chegada dos Reis. Ao finalizar as cancións, os reiseros adoitan pedir "aguinaldo", que é unha especie de donativo ou agasallo en forma de diñeiro ou comida, como agradecemento polas súas interpretacións.

Así, cada ciclo cantou o seu canto de reis en presenza de todo o cole e ao rematar recibiron o seu "aguinaldo".

Foi unha mostra do talento e do entusiasmo dxs nosxs artistas, que nos recordaron o valor da música e da unión nesta época do ano.





4. Conto musical "O ladrón de minutos": da man da Escola de música e Conservatorio Profesional de música de Torroso, todo o colen desfrutamos deste espectáculo audiovisual partindo desta obra de David Lozano.

Con esta actividade pretendemos achegar algúns dos instrumentos que se imparten no centro dun xeito atractivo. Ademais, a historia escollida busca a aprendizaxe en valores a través do pensamento crítico. 




FELICES FESTAS!

Comentarios