Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

8 M. I CLUB DE LECTURA FEM.

Imaxe
Este ano traballamos durante a semana do 8 ao 12 de marzo, nas horas de ler do cole, a figura da muller, a través do noso I CLUB DE LECTURA FEM , tratando de mostrar lecturas onde a muller e a nena están presentes, a través dunha selección previa de recursos bibliográficos da biblioteca. De esta forma, debatimos, compartimos e empregamos o noso sentido crítico a través desta ferramenta, gozando dos beneficios dun club de lectura con perspectiva de xénero. "Se non podo ler, non quero formar parte da túa revolución", foi o lema adaptado da coñecida cita de Emma Goldman (todo un exemplo de pensamento feminista) para a realización das diferentes actividades e obradoiros  que se levaron a cabo tras as lecturas colectivas, signado en LSE e accesible para todo o noso alumnado, o cal podedes ver a través deste código QR. De todas as lecturas, cada clase elixiu unha para traballar en máis profundidade, desenvolvendo actividades arredor da figura dunha muller relevante, como por exemp

NOVIDADES MARZO

Imaxe