Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2008

LECTURA SEN PALABRAS

Propoñemos desde a Biblioteca unha actividade de lectura de imaxes e interpretación dunha mensaxe sen palabras.. A partir do vídeo da campaña contra o castigo físico infantil gustaríanos que os ratiños e ratiñas lectoras do noso colexio realicen as súas propias conclusións . Observade ben por que as MANS teñen un protagonismo especial nesta montaxe. Prestade atención á música e analizade as cores. Que mensaxe nos lanza este anuncio? Quen o protagoniza? A quen vai dirixido? Que importancia ten a música? E as cores?

25 DE NOVEMBRO: AS BIBLIOTECAS ESCOLARES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

OUTRO TRABALLO COLABORATIVO XENEROSAMENTE CEDIDO DESDE O BLOG "TRAFEGANDO RONSEIS" DE ANXO E GRACIA PARA LOITAR CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.

25 DE NOVEMBRO: AS BIBLIOTECAS ESCOLARES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

PUBLICAMOS HOXE UN NOVO TRABALLO COLABORATIVO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. EN CONCRETO O VÍDEO FOI REALIZADO NO IES DE FENE . SERVE PARA REIVINDICAR O FIN DA VIOLENCIA SOBRE AS MULLERES.

NENAS E NENOS:APRENDAMOS OS NOSOS DEREITOS

NESTES DÍAS ESTAMOS A TRABALLAR OS DEREITOS DA INFANCIA. AQUÍ TEMOS UNS VÍDEOS QUE REPRESENTAN ALGÚNS DELES.

20 DE NOVEMBRO DEREITOS DA INFANCIA

Hoxe celebramos o Día Mundial da Infancia e desde a biblioteca empeñámonos en que os nenos e nenas coñezan os seus dereitos, por que a infancia tamén ten dereitos!. Para comprobar se os coñecedes ben, premede no seguinte enlace e comprobade en forma de xogo os vosos coñecementos sobre os mesmos: XOGOS DEREITOS DA INFANCIA Lembrade que na biblioteca habilitamos unha seción cos materiais referidos aos dereitos da infancia que están á vosa disposición. Observade o seguinte vídeo onde queda reflexado o dereito a participar dos nenos e nenas. Porque nenas e nenos tendes moito que dicir.

A FADA DAS PALABRAS REGALADAS

Imaxe
O pasado venres vivimos un momento moi especial da man da Fada das Palabras Regaladas. Premede na súa foto se queredes volver a ver o Libro Das Palabras Regaladas do Outono.

AS PALABRAS REGALADAS...

Imaxe
"AS PALABRAS REGALADAS" así chamaron no Equipo de Normalización a un libro que iniciamos no outono pasado e que hoxe tivo o seu froito. Un libro que pasará a ser fondo da nosa biblioteca e que está composto por todas as palabras que foron regaladas no curso pasado relacionadas co outono. A Fada das Palabras Regaladas fixo de presentadora e ademais de ver a preciosa montaxe de vídeo que preparou a profe Ángeles tamén limos en voz alta as palabras, unha por unha. E como non, co que nos gusta cantar no noso cole...pois non podía faltar a música: Corre corre, cabaciña foi a peza escollida (limos o libro o curso pasado e encantounos a historia) , gustounos tanto a canción que a cantamos dúas veces mentres seguíamos a letra no vídeo-karaoke.

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MOS

Chegou información á escola sobre unha actividade moi interesante de contacontos que se levará a cabo na Biblioteca Municipal de Mos os sábados 8, 15, 22 e 29 de novembro para celebrar o "Día da Biblioteca". As sesións de Contacontos na Biblioteca contarán coa actuación de "María dos Contos" e o horario previsto é ás 12 da mañá e están dirixidas a nenos e nenas de 4 a 11 anos. Non deixedes pasar esta oportunidade de gozar escoitando historias. O programa é o seguinte: SÁBADO 8: "Crocodilo namorado" e "A meiga Zelda" SÁBADO 15:"Rá Margarita" e "Gusaniño Pipo" SÁBADO 22:"Historia de Oliver" e "Soldadiño de chumbo" SÁBADO 29:"Parruliño feúcho" e "A toupiña"