23 de decembro de 2019

16 de decembro de 2019

VISITAS CON EXPERIENCIAS

Tivemos unha visita especial, acompañounos Franco Cobas, pai da nosa profe de E.F., Susana, para compartir a súa experiencia tras a súa participación nas Olimpiadas de Roma no ano 1960, na categoría de remo.
Así, compartiu no espazo da biblio un tempo co alumnado de 1º e 2º falando sobre esta experiencia en primeira persoa, sobre os aros olímpicos, o acendido da antorcha, os xogos na antigüedade... O seu equipo quedou de número 13 dos 31 países participantes!.

Tamén nos falou sobre a súa función de xuiz nos propios xogos de Barcelona 92 e nos de Atenas.

Grazas Franco, por visitarnos e deixarnos esta aprendizaxe insuperable aos teus 80 anos!





14 de decembro de 2019

CONTACONTOS LINGUA DE SIGNOS

Onte levouse a cabo na biblioteca do cole unha das actividades que oferta anualmente o Concello de Mos, un contacontos en lingua de signos, para o alumnado de Educación Infantil.

O aprendizaxe da lingua de signos (LSE) leva unha serie de vantaxes e cualidades pedagóxicas coma mellorar a capacidade comunicativa,  aumentar a atención, favorecendo a memoria e a discriminación visual, axuda a descubrir nos nenxs habilidades sociais e comunicativas do seu corpo, fomenta valores coma a empatía, o respecto, a normalización e mellora a psicomotricidade. Axúdanos a comunicarnos non só coas persoas xordas ou con dificultades auditivas, tamén coa nosa familia, profes, cos nosxs amigxs ou con persoas con capacidades diferentes para aprender a comunicarnos mellor.

Así, gozamos dun conto acompañado desta linguaxe e aprendemos a signar animais!






3 de decembro de 2019

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe conmemórase o Día Internacional das Personas con Discapacidade ou Persoas con Diversidade Funcional, e dende a biblioteca estas son as novidades relacionadas con esta conmemoración, coas que pretendemos dar visibilidade á sociedade diversa e así continuar apostando por unha educación e biblioteca inclusiva!.