MES DA CIENCIA EN GALEGO: CIENCIA E SAÚDE NA MESA
Este mes de novembro conmemoramos o mes da ciencia en galego, permitíndonos mergullarnos na ciencia coa nosa lingua como protagonista. Durante varias semanas, o alumnado participou en diversos experimentos que conectaron a ciencia coa alimentación saudable, aliñándose co noso Proxecto Documental Integrado.
Así, levamos a cabo tres experimentos que non só espertaron a curiosidade científica, senón que tamén promoveron reflexións sobre os alimentos que consumimos a diario. Estes foron os nosos experimentos:
O ferro nos cereais: O alumnado descubriu como é posible extraer pequenas partículas de ferro dos cereais usando un simple imán. Este experimento puxo en valor a importancia deste mineral na nosa dieta e a súa presenza en produtos que consumimos habitualmente.
Comentarios