Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2016

EL VIAJE DE MARÍA

Imaxe
O PRÓXIMO DÍA 2 DE ABRIL É  O  DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO. DENDE O NOSO COLE IMOS COLABORAR COA COLOCACIÓN DE GLOBOS AZUIS(COR SIMBÓLICA DESTA CAUSA)  POR TODO O CENTRO E CUN MURAL. A MAIORES VOS DEIXAMOS UNHA  CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN REALIZADA POLO DEBUXANTE MIGUEL GALLARDO, PAI DUNHA NENA CON AUTISMO.

SEGUIMOS ARTELLANDO

Imaxe
NO CEIP MESTRE MARTINEZ ALONSO SEGUIMOS ARTELLANDO  E AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Imaxe
Ola a todxs, amigxs! Coma sabedes, hoxe é un día moi especial, que queremos promover dende a nosa biblio, o Día Internacional da muller . E para festexalo nos sumamos á campaña de G o o g l e  #OneDayIWill Se podes soñalo, podes selo. Accede AQUÍ a este vídeo conmemorativo feito co testemuño de 337 mulleres de 13 países do mundo, e ademáis, co doodle de hoxe, tamén nos lembran o traballo de mulleres que loitan pola igualdade e coa vontade de crear un mundo mellor. PODES VELO  AQUÍ     Hoxe máis que nunca, gracias mulleres, gracias nenas, gracias nais, gracias profesoras, gracias a todas. É o voso día! 

MESTRES COS NENOS DE SIRIA

Imaxe
Ola a todxs , nenxs e menbros da comunidade do Mestre Martínez! Queremos mostrarvos hoxe un traballo solidario no que participaron varios alumnos do centro. Trátase da iniciativa: "Maestros con los niños de Siria" . Este proxecto colaborativo solidario naceu en forma de blog e pretende dar visibilidade ó conflicto sirio. Dende o Mestre Martínez Alonso, participamos cunha entrada titulada: Mensaxes de esperanza . A actividade consistiu na elaboración de diferentes mensaxes positivas que mostraran esperanza os cativos sirios, sen caír na superficialidade ou na frivolidade. Xs nenxs participantes mostraron unha grande concienciación dada a súa idade e por este motivo estamos moi orgullosos. Así que non vos liamos máis e aquí deixamos a entrada coa que participamos no proxecto. Non esquenzades compartila nas vosas redes sociais para que este proxeto chegue moi lonxe. http://maestrosconlosninosdesiria.blogspot.com.es/2016/02/mensajes-de-esperanza.htm