30.12.12

Feliz Ano

Feliz ano a tod@s, deixamos esta panxoliña do grupo Mama Cabra para gozar destes días de descanso cantando e agardando que os Reis Magos regalen moita cultura a tod@s @s ratiñ@s lector@s da escola.



 

23.10.12

OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Un novo curso, e xa van seis, iniciamos a actividade do blog da biblioteca. A celebración do Día das Bibliotecas Escolares é un bo motivo para facelo. Para celebralo desde o equipo de biblioteca poñemos en marcha as seguintes actividades:
  • Mochilas Viaxeiras para 3 anos, 5 anos, 2º, 4º e 6º de primaria.
  • Entrega dos carnés ao alumnado novo no centro: os 23 novos ratiños e ratiñas lectoras de Educación Infantil de 3 anos e aqueles outros nenos e nenas que se incorporan neste curso. A todos os invitamos á visitar a nosa biblioteca e a levar en préstamo os libros, películas, xogos e música que lle apetezan.
  • Ratiño e Ratiña tamén nos deixaron nas aulas os contratos para asinar e comprometernos a coidar os materiais e cumprir as normas da biblioteca.
Aquí tendes o horario de biblioteca para o presente curso, nel están os horarios das titorías, do préstamo no recreo e do horario extraescolar.

 Feliz curso entre lecturas 2012/13!

Horario Biblioteca 12-13

8.5.12

Maio, mes das letras

Durante o mes de maio celebramos as Letras Galegas, que nesta ocasión están adicadas á Valentín Paz Andrade. Desde a biblioteca propoñemos a todos os ratiños e ratiñas lectoras da escola que resolvades o xogo informático que preparamos para vós. Para poder responder ás cuestións que plantexamos no xogo debedes ler primeiro con moita atención os carteis informativos coa biografía do homenaxeado que atoparedes no corredor principal. Durante a semana cultural levaremos a cabo outra sesión de Cine en Galego, nesta ocasión gozaremos cos títulos "Asterix na Bretaña" e "O soldadiño de chumbo" Como agasallo especial desixámosvos este vídeo realizado polo CEIP San Xoán de Filgueira onde poderedes ler un poema de Paz Andrade.

13.4.12

ABRIL, MES DOS LIBROS "Coñecendo a C. Andersen"

Propoñémosvos que coñezades un pouco máis a Andersen neste Abril, mes dos libros no que celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil (3 de abril) e o Día do Libro (23 de abril).
Premede na foto para resolver as actividades que nos propoñen neste libro interactivo multimedia creado por Julia González do CEIP Mestres Goldar (Vigo).


8.3.12

8 DE MARZO "DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES"

Desde a biblioteca escolar propoñémonos analizar diferentes materiais (libros, dvd, cancións, publicidade...) e identificar se teñen estereotipos de xénero.
O equipo deseñou un "Detector de materiais sexistas" que debedes cumprimentar para establecer se o libro, letra de canción ou calqueira outro material é sexista ou non.
CUESTIONARIO SEXISTA 2

Ademais celebraremos "Marzo Igualdade" realizando unha representación do libro "O país dos mandóns"



9.1.12

EU FALO ASÍ....

O día 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a non Violencia. Gústanos propoñer desde a biblioteca cancións que nos inviten a ser mellores, a comprender aos demais e substituir as pelexas e a violencia por palabras de cariño e comprensión, aceptar a diferencia demostra intelixencia. Gozade coa canción "Eu falo así"