Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2008

POESÍA E MÁIS POESÍA...

Imaxe
PARA REMATAR ESTA SEMANA TAN POÉTICA A BIBLIOTECA ENCHERASE HOXE DE POESÍA.O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA PREPAROU UNS VÍDEOS CHULOS,CHULOS.ADEMAIS IMOS LER OS LIBROS QUE A RATIÑA DE BIBLIOTECA DEIXOU ONTE NO BAÚL DOS CONTOS. O HORARIO PARA ESTA MAÑÁN DE POESÍA E MÚSICA NA BIBLIOTECA É O SEGUINTE: 09:30 NENOS E NENAS DE 3º E 4º 10:20 OS CURSOS DE 5º E 6º 11:00 RAPACIÑOS E RAPACIÑAS DE 2º A E 2º B 12:15 NENOS E NENAS DE INFANTIL 13:15 CHAVALITOS E CHAVALITAS DE 1º A E 1º B "ROSEIRA DO TEU MENCER" E "O QUE BEN CHE QUER" SERÁN ALGÚNS DOS LIBROS QUE SAIRÁN DO BAÚL.

UNHA CARTA....DUNHA RATIÑA DE BIBLIOTECA

Imaxe
INCRIBLE PERO CERTO,HOXE,XOVES,DESPOIS DO RECREO APARECEU UNHA CARTA XIGANTE NA CLASE DE 1º.O REMITE NON DEIXABA DÚBIDA ALGUNHA...ERA UNHA RATIÑA DE BIBLIOTECA A QUE ESCRIBÍA AOS NENOS E NENAS DO NOSO COLEXIO.AO IGUAL QUE A NOSA MASCOTA O RATO DE BIBLIOTECA VIVE EN BIBLIOTEQUIX,MÁIS EN CONCRETO NA RÚA DO CONTO.NA CARTA EXPLICABA COMO BUSCANDO EN INTERNET ATOPARA O BLOG DO RATO DE BIBLIOTECA. CAEULLE TAN SIMPÁTICO QUE O INVITOU A PASAR UN DÍA NA SÚA CASA DE BIBLIOTEQUIX.LERON,XOGARON POLAS ESTANTERÍAS...E...¡FIXERON FOTOS!ADEMAIS A RATIÑA DEIXOUNOS UN REGALO NO BAÚL DOS LIBROS:¡UN FEIXE DE LIBROS DE POESÍA!.A RATIÑA SABÍA QUE ESTA SEMAMA ESTABAMOS A CELEBRAR O DÍA DA POESÍA.AQUÍ TENDES ALGÚNHA DAS FOTOS QUE MANDOU NA SÚA CARTA XIGANTE. PARECE QUE O RATIÑO E A RATIÑA FIXÉRONSE MOI BOS AMIGOS. ¿CANDO SERÁ O DÍA EN QUE VEÑAN A VISITARNOS E NOS PODEMOS VELOS EN PERSONA?

MÁIS POESÍA...

Imaxe
Estamos a celebrar durante esta semana o DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA que nos pillou de vacacións.Con algo de retraso pero con moito entusiasmo nos blogs da escola aparecen colgadas varias poesías,aglunhas delas con música. Visitade sen falta o blog de Normalización e disfrutaredes cunha poesía do homenaxeado nas Letras Galegas deste ano: Xosé María Álvarez Blázquez. PREME NA SÚA FOTO PARA LER UNHA DAS SÚAS POESÍAS.

POESÍA PARA ESTA PRIMAVERA QUE ACABA DE CHEGAR

Imaxe
Esta é a historia dunha pequena semente,se queredes cantala atoparedes a música no libro "As nosas cancións 1 e 2 (Cancións para unha educación musical natural)" "NACE UNHA PLANTA" Caín un día no chan en forma de carambuña o vento axiña enterroume lémbrome tristeira e núa. Sentín os tronos chamar neve,saraiba e chuvia botei raíces na terra finqueinas ben cadansúa. Erguinme coa calor agromei como unha púa agora xa teño follas miran ó sol e a lúa. Ánxela Loureiro.

GUÍA DE LECTURA MOI INTERESANTE

Imaxe
No Blog 2008en6causas colgaron un vídeo interesantísimo sobre libros máis que recomendables. Non deixedes de visitalo. Este é o seu anagrama para marzo.Preme nel para visitar o blog. LEMBRADE QUE AS VACACIÓNS SON UN MOMENTO FANTÁSTICO PARA LER. SEN HORARIOS,SEN PRESAS....¡¡¡SEN COLEXIO!!!! ÁNIMO,É.....¡A HORA DE LER!

NOVOS BLOGS NO COLE

Imaxe
Se vos fixades na columna da esquerda,no apartado dos BLOGS DO CEIP MESTRE MARTÍNEZ ALONSO, darédevos conta que aparecen dúas bitácoras novas: BLOG DE COÑECEMENTO DO MEDIO : Aquí atoparedes información sobre os aspectos do área de coñecemento do medio. Plantas,animais e outros temas propios do coñecemento deixarán de ter segredos para os ratiños e ratiñas de esta escola,con moita fame de coñecementos novos.Tamén podedes ler traballos realizados por ratiños e ratiñas moi traballadores do noso colexio. BLOG DE MÚSICA : Neste blog atoparedes un montón de vídeos para pasalo ben escoitando,cantando e bailando. ¡Moita sorte para estes dous novos blogs que comezan a súa andaina e que todos e todas gocemos moito con eles!

CARTA DO RATO DE BIBLIOTECA...

Imaxe
O Rato de Biblioteca fixo de novo das súas,este luns deixou unha carta nalgunhas clases cunha adiviña que había que resolver.Como premio á solución había unha sorpresa para nós na biblioteca.Un montón de paquetes de regalo. Dentro de cada paquete estaban os libros de lecturas colectivas para este curso. A verdade é que foi unha verdadeira sorpresa! Quedáronnos moitas ganas de que volva o Rato de Biblioteca e nos de outra sorpresa das súas.

LECTURAS COLECTIVAS

Aquí temos as lecturas colectivas do curso 2007/08 para os diferentes ciclos de primaria.Autores e historias que farán voar a nosa imaxinación. É...A HORA DE LER!

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Imaxe
¿Ata cando? Balbina vive nunha aldea pequena moi perto de Compostela. Érguese moi cedo. Mentres Manuel e o neno durmen, ela alista os animais, prepara a pota da comida que deixará cocendo toda a mañá co lume baixiño e fai o almorzo. Levanta ó neno e prepárao para ir á escola. Érguese Manuel, almorza e prepara o tractor para marchar. Botan a mañá traballando nas leiras. Ó mediodía volven á casa. Balbina pon a comida na mesa e comen. Despois de comer, o neno marcha para a escola, Manuel vai botar unha siesta e Balbina, despois de recoller a cociña vai ó río: lava, pon a roupa ó clareo se non chove… Cando volve á casa Manuel xa se ergueu, prepáranse e van traballar a outras leiras. Volven coa tardiña. O neno xa chegou e está xogando. Manuel aséase e vai á lareira de Alfredo, o veciño, a saber das novidades. Balbina muxe as vacas e acomoda os outros animais. Fai de cear mentres axuda a José Manuel cos deberes. Cean todos xuntos. O neno déitase. Manuel pónse a ver a televisión e Balbina tam

8 DE MARZO DÍA DE MULLER:XOGOS PARA A IGUALDADE

PODEDES ENTRAR NA PÁXINA DE XOGOS DE UNICEF ,TEÑEN UN XOGO DESEÑADO PARA CONCIENCIARNOS DA NECESIDADE DE CONSEGUIR A IGUALDADE NO TRABALLO PARA HOMES E MULLERES. DESCUBRE QUE AS MULLERES RECIBEN MENOS DIÑEIRO A FIN DE MES AÍNDA QUE REALICEN O MESMO TRABALLO QUE OS HOMES. PREME NESTA PÁXINA DE UNICEF E XOGA. ASUME O ROL QUE CHE TOQUE E COMPROBA QUE ENTRE HOMES E MULLERES A IGUALDADE NON É REAL.

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Imaxe
Todos os anos celebramos o día 8 DE MARZO o DÍA DA MULLER . Con esta celebración lembramos que a igualdade entre mulleres e homes non existe e que hai moitas cousas que cambiar ao noso arredor para poder dicir algún día que as mulleres teñen realmente os mesmos DEREITOS. Esta semana destacamos entre outros o seguinte libro da nosa Biblioteca Escolar,titúlase "MAMÁS DEL MUNDO" editado por La Galera e nel poderedes apreciar como a condición de ser "MAMÁ" vai unida case sempre a outros traballos. Neste fermosísimo libro poderedes observar como ademais de realizar traballos,nalgúns casos realmente penosos,as mulleres levan a cabo o seu papel de nais. O libro está á vosa disposición na Biblioteca na Estantería de Igualdade.