DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O 16 de outubro celebramos o “Día Mundial da Alimentación Saudable”, e dende a nosa biblioteca quixemos aproveitar esta data, tan en consoancia coa temática do PDI deste curso, para reflexionar sobre o consumo de azucre e a súa influencia na nosa saúde.

Partindo deste día, propoñemos unha iniciativa que contribúa a mellorar os nosos hábitos alimenticios: todos os mércores serán o Día da Froita no centro. Animamos ao alumnado e ao profesorado a traer froita para a merenda, promovendo así unha alternativa máis saudable.

Na biblioteca, podemos atopar unha exposición de fondos bibliográficos sobre a alimentación, para que quen desexe poida afondar neste tema. Ademais, preparamos unha serie de carteis informativos que visibilizan a presenza oculta do azucre en moitos dos alimentos que consumimos a diario. Dende zumes envasados ata cereais, queremos que todos sexamos conscientes de canto azucre levan moitos dos produtos que atopamos no supermercado.

Queremos aprender a coidar mellor o noso corpo e tomar decisións máis informadas sobre o que comemos, polo que animamos a todos e todas a participar na iniciatica e a visitar a biblioteca para aprender máis sobre o fascinante mundo dunha alimentación saudable.




Comentarios