22.12.08

AS LINGUAS DA ESCOLA

REGALO DE NADAL



QUEREMOS OFRECERVOS UN REGALO DE NADAL APROVEITANDO QUE REMATA O ANO ADICADO AO 150 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DO COMPOSITOR GIACOMO PUCCINI.
AQUÍ TENDES UN FRAGMENTO DA ÓPERA MADAME BUTTERFLY, SABEMOS QUE OS RATIÑOS E RATIÑAS DE BIBLIOTECA DA NOSA ESCOLA TEÑEN MOITA SENSIBLIDADE E PODERÁN APRECIAR A BELEZA DESTE FRAGMENTO OPERÍSTICO.
FELIZ NADAL!

12.12.08

FELIZ NADAL

RATIÑO E RATIÑA DE BIBLIOTECA POSARON ASÍ DE GUAPOS PARA FELICITAR O NADAL A TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA, E COMO NON, ÁS SÚAS FAMILIAS.O SEU DESEXO É QUE O ANO QUE COMEZA ESTÉ CHEO DE BOAS LECTURAS..

10.12.08

60 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS



Vídeo de Amnistía Internacíonal para conmemorar o 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

10 DE DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Hoxe celebramos o 60 aniversario da Declaración do Dereitos Humanos. A pesar de ter pasado tanto tempo comprobamos día a día que estos incúmplense con impunidade en moitos lugares.
Mostrámosvos a continuación o cartel elaborado por Beatriz do IES Río Cabe de Monforte para conmemoralo, como podedes comprobar é toda unha artista con moita sensibilidade. Ademais é xenerosa por compartilo con todas as bibliotecas escolares.
Para aprender máis sobre a Declaración dos Deretitos Humanos podedes visitar os seguintes enlaces: