Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

RECOMENDACIÓNS LECTURAS NADAL.

Recomendacións Nadal 2019-20 by bibliotecamestremartinezalo... on Scribd DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA DESEXÁMOSVOS MOI BOAS LECTURAS DE NADAL!

VISITAS CON EXPERIENCIAS

Imaxe
Tivemos unha visita especial, acompañounos Franco Cobas, pai da nosa profe de E.F., Susana, para compartir a súa experiencia tras a súa participación nas Olimpiadas de Roma no ano 1960, na categoría de remo. Así, compartiu no espazo da biblio un tempo co alumnado de 1º e 2º falando sobre esta experiencia en primeira persoa, sobre os aros olímpicos, o acendido da antorcha, os xogos na antigüedade... O seu equipo quedou de número 13 dos 31 países participantes!. Tamén nos falou sobre a súa función de xuiz nos propios xogos de Barcelona 92 e nos de Atenas. Grazas Franco, por visitarnos e deixarnos esta aprendizaxe insuperable aos teus 80 anos!

NOVIDADES DECEMBRO

Imaxe

CONTACONTOS LINGUA DE SIGNOS

Imaxe
Onte levouse a cabo na biblioteca do cole unha das actividades que oferta anualmente o Concello de Mos, un contacontos en lingua de signos, para o alumnado de Educación Infantil. O aprendizaxe da lingua de signos (LSE) leva unha serie de vantaxes e cualidades pedagóxicas coma mellorar a capacidade comunicativa,  aumentar a atención, favorecendo a memoria e a discriminación visual, axuda a descubrir nos nenxs habilidades sociais e comunicativas do seu corpo, fomenta valores coma a empatía, o respecto, a normalización e mellora a psicomotricidade. Axúdanos a comunicarnos non só coas persoas xordas ou con dificultades auditivas, tamén coa nosa familia, profes, cos nosxs amigxs ou con persoas con capacidades diferentes para aprender a comunicarnos mellor. Así, gozamos dun conto acompañado desta linguaxe e aprendemos a signar animais!

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Imaxe
Hoxe conmemórase o Día Internacional das Personas con Discapacidade ou Persoas con Diversidade Funcional, e dende a biblioteca estas son as novidades relacionadas con esta conmemoración, coas que pretendemos dar visibilidade á sociedade diversa e así continuar apostando por unha educación e biblioteca inclusiva!.

ESCAPE ROOM

Imaxe
As bibliotecas escolares, a nosa entre elas, celebraron o seu día o pasado 24 de outubro, programando actos específicos nos que lembrar as oportunidades que nos ofrecen. No cole este ano inauguramos a nova biblioteca, tendo en conta que a biblioteca escolar é, probablemente, a primeira que lles aprende. Queremos que sexa un lugar para a formación, a relación, a igualdade, a diversidade e a inclusión. Para que o alumnado e profesorado coñeceran un pouco más este espazo, fixemos unha formación de usuarios a través dun Escape room , isto é, unha búsqueda do tesouro (porque tiñamos un gran cofre cun tesouro) a través da gamificación e o xogo. Motivados por Ratiño e Ratiña, tiveron que pasar unha serie de probas, levando a cabo diferentes enigmas e retos relacionados co coñecemento dos espazos, a distribución dos fondos ou a resolución de xogos de mesa. O obxectivo final era atopar a chave que abría o gran cofre, no que atoparíamos o contrato que nos da acceso durante este curso á

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Imaxe
Este venres desenvolvéronse os apadriñamentos lectores con motivo da conmemoración "Novembro, tradición oral". Para levala a cabo, os alumnos de 3º a 6º de primaria (que son os padriños e madriñas), lle contan oralmente un conto ou historia a un afilladx. Para este fin, as madriñas/padriños non poden empregar soporte escrito, pero sí poden empregar outros recursos (títeres, bonecos, peluches...). Nos días previos, os padriños/madriñas coñeceron aos seus afilladxs nunha reunión previa, para coñecerse mutuamente, preguntarlles qué historias lles gustan e manter uns intres de convivencia.

BUZÓN DE SUXERENCIAS

Imaxe
LEMBRADE!! temos buzón de suxerencias. A través del, podedes deixarnos suxerencias, ideas ou opinións. O atoparedes na entrada á biblioteca do centro. Tamén podedes achegar calquera das vosas aportacións a través do email da biblioteca na seguinte dirección: bibliotecamestremartinezalonso@gmail.com. PORQUE A VOSA OPINIÓN É MOI IMPORTANTE PARA NÓS!!

NOVIDADES

Imaxe

BIBLIOPATIO

Imaxe
Hoxe comezou a nosa Bibliopatio.   Dentro do proxecto "O patio que soñaMOS", ofertamos a todos os nenxs un momento de lectura todos os venres no patio. Este carriño foi obra dun dos talleres do Módulo Mixto do Centro Penitenciario de a Lama; feito con material de refugallo e madeira, foi a sensación do patio de hoxe! 

NOVIDADES

Imaxe
Estas son as novidades da biblioteca! Recordade que de momento son só para consulta. Axiña estarán dispoñibles para préstamo.

MESA TEMÁTICA: SAMAÍN

Imaxe
Ratiño e Ratiña xa están preparados para vivir un Samaín de conto, e ti? Achégate á biblioteca e goza dunhas lecturas terroríficas!!

APERTURA DA BIBLIOTECA

Imaxe
Hoxe conmemóranse o "Día das Bibliotecas Escolares", e no cole inauguramos a nosa "nova" biblioteca. Ratiño e Ratiña anímanvos a coñecer e utilizar este espazo do centro que dende hoxe estará aberto a toda a comunidade escolar todos os días de 16:00 a 17.00h.  O préstamo xa está dispoñible, só necesitas traer o teu carné da biblio e mergullarte no fantástico mundo dos libros. Esperámosvos  tod@s e desexámosvos unhas boas e apaixoantes lecturas!!

FELIZ VERÁN!

Imaxe
XA REMATA OUTRO CURSO E COMEZA O VERÁN, UNHA ÉPOCA IDÓNEA PARA LER AQUEL LIBRO QUE NON SE PUIDO LER DURANTE O CURSO ESCOLAR. PERO LER POR LER, E NON CO OBXECTIVO DE FACER UN RESUMEN OU DE CONTESTAR A UNHAS PREGUNTAS QUE APARECEN NO CUADERNILLO.  FELIZ VERÁN