26.6.08

ENTREGA DE DIPLOMAS DA BIBLIOTECA

AQUÍ TENDES A FOTO DOS USUARIOS MÁIS ACTIVOS DA BIBLIOTECA NESTE ANO. RECOLLERON OS SEUS DIPLOMAS DURANTE A CELEBRACIÓN DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO DO COLEXIO.

¡¡¡FELICIDADES!!!

18.6.08

FINAL DE CURSO NA BIBLIOTECA



COINCIDINDO CO FINAL DE CURSO DESDE A BIBLIOTECA ENVIAMOS ÁS FAMILIAS AS GUÍAS DE LECTURA PARA O VERÁN. FORON CEDIDAS POLA BIBLIOTECA "MOISÉS GÓMEZ" DO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ E TRAEN RECOMENDACIÓNS PARA INFANTIL E PRIMARIA E TAMÉN PARA PAIS E NAIS.


TAMÉN LEVAREDES PARA CASA UN EXEMPLAR DO CONTO VIAXEIRO "LAURA, A SEREA DA ILLA VERMELLA".


FINALMENTE O VENRES ENTREGAREMOS OS DIPLOMAS AOS 10 USUARIOS MÁIS ACTIVOS DA BIBLIOTECA NESTE CURSO.


QUE FELICES OS NENOS E NENAS DE 5º NA SÚA DESPEDIDA POR ESTE ANO DA BIBLIOTECA

16.6.08

CONTOS DE KAMISHIBAI

OLA RATIÑOS E RATIÑAS DE BIBLIOTECA, HOXE TEREMOS DÚAS SESIÓNS DE CONTOS DE KAMISHIBAI ELABORADOS POLOS NENOS E NENAS DE 2º B.

AQUÍ TENDES AS FOTOS DA PREPARACIÓN DAS HISTORIAS QUE HOXE ESCOITAREDES DA BOCA DOS AUTORES.
VÉMONOS NA BIBLIOTECA.