27.5.09

Concurso...

. . . De Cartel e Lema de Animación á lectura


Durante o mes de abril propuxemos un concurso de creación de cartel e lema con ordenador que tiña como finalidade a animación á lectura.
Moitos ratiños e ratiñas da escola participaron e o resultado final podedes velo neste vídeo.
Como estaba establecido nas bases, haberá premios para os mellores e serán entregados na festa de fin de curso.



17.5.09

Día das Letras Galegas

TEMOS NA BOCA PALABRAS MILENARIAS,
usémolas pois....


Coñecimos este vídeo a través do Recanto de Mik, e encantounos para celebrar este Día das Letras Galegas 2009.

15.5.09

Canta emoción...

Desde o equipo de biblioteca queremos destacar o impresionante traballo que leva a cabo a responsable do equipo de Normalización Lingüística do noso centro. Xa estabamos acostumados aos seus traballos na Semana Cultural de Maio, pero este ano...este ano a emoción podía sentirse mentras visionabamos á montaxe na honra de Ramón Piñeiro...canta sensibilidade neste vídeo, no teatro,no conto viaxeiro, no díptico sobre o homenaxeado, nos diálogos dos presentadores...
Moitas grazas, Ángeles por que hoxe realmente o colexio foi unha festa das letras galegas.
Desde este blog non nos cansamos de recomendar que visitedes o blog de normalización por que a nosa cordinadora está a facer un traballo realmente impresionante.

RAMÓN PIÑEIRO

A través da Biblioteca do Colexio de Cervo coñecimos este interesantísimo vídeo sobre a vida e obra do homenaxeado nas letras galegas 2009. Nel aparecen feitos narrados con voces de nenos e nenas e foi realizado polo ENL do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia. Un fantástico traballo co que aprender máis sobre Ramón Piñeiro.

12.5.09

GUÍA DE LECTURAS "MAIO, MES DAS LETRAS"






9.5.09

"O RAP DA LINGUA" (MIGALLAS)
O mes de maio é un mes realmente especial para a nosa lingua. O grupo Migallas compuxo este rap para que todos e todas nos animemos a falar en galego sen vergoña, sen medo...orgullosos e orgullosas de facelo.
Este rap está incluído no disco "Canta connosco" que sabemos que aos ratiños e ratiñas lectoras da escola lles encanta.
Para que rapeedes sen parar...! Aquí tendes....! "O rap da lingua". Podedes visitar o blog de normalización se queredes rapear tamén a poesía de Celso Emilio Ferreiro DEITADO FRENTE AO MAR.

8.5.09

PROGRAMA PARA A SEMANA CULTURAL

Como en cursos anteriores a "SEMANA CULTURAL" ven cargadiña de actividades máis que interesantes. Aquí tendes o máis destacado do programa que se levará a cabo entre o luns 11 e o venres 15 de maio.
  • III CICLO DE CINE EN GALEGO
  • ILUSTRADOR:ANXO FARIÑA
  • PREMIOS CERTAME LITERARIO
  • CONTACONTOS
  • TEATRO
  • ACTUACIÓN DO GRUPO MIGALLAS
  • PREMIOS CONCURSO CARTEL E LEMA
  • CONTOS CANTADOS

Ademais os ratiños e ratiñas da escola están máis que afanados resolvendo a webquest sobre o homenaxeado deste ano: Ramón Piñeiro e están realizando un interesantísimo traballo de investigación sobre a toponimia tradicional do noso concello que promove o equipo de normalización lingüística do colexio.

FELIZ SEMANA CULTURAL! FELIZ MAIO, MES DAS LETRAS!

6.5.09

MAIO, MES DAS LETRAS:
"EN GALEGO TES TODO POR VIVIR"

Como xa sabedes, o mes de maio é un mes especial para a nosa lingua, neste vídeo propoñen un xogo e todos/as temos a responsabilidade de continualo, de que non pare.

Segue o xogo por que ....EN GALEGO, TES TODO POR VIVIR!

4.5.09


Desde o Equipo de Normalización Lingüística do colexio propóñennos un novo traballo de investigación. Nós como somos ratiños e ratiñas investigadores non teremos reparos en aceptar a invitación e poñernos a resolver as cuestións que nos plantexen.

A webquest está centrada na figura de RAMÓN PIÑEIRO, persoerio a quen este ano lle adican a celebración do "Día das Letras Galegas", que como xa sabedes, celebramos todos os 17 de maio; e é a actividade coa que inauguramos a programación de actividades para "MAIO, MES DAS LETRAS"

No blog de normalización teñen colgado enlaces sobre o homenaxeado deste ano así que se vos apetece coñecer a súa figura non dubidedes en facerlle unha visita.

FELIZ INVESTIGACIÓN!