20.12.07

CARTA PARA PAPÁ E PARA MAMÁ



Blibliotequix a 21 de decembro de 2007

Queridos papás e mamás destes nenos e nenas guapísimos,alumnos todos do colexio Mestre Martínez Alonso,
Envíovos esta carta para que este ano cando escribades aos Reis Magos lembredes que un libro ou un CD de música tamén poden ser un estupendísimo regalo de nadal. A todos os nenos e nenas da nosa escola encántanlle os libros e a música e seguro que estarían encantados de que o día de Reis deixaran un aos pés da súa cama.
Este Rato de biblioteca tamén quere animarvos a que acerquedes aos vosos fillos aos espectáculos que se van a levar a cabo no concellode Mos.Aquí tendes o horario de algún deles:

SÁBADO 22 DE DECEMBRO: Papá Noel estará no Pavillón de Deportes a partir das 17:00 e haberá unha gran festa con obradoiros e xogos para todos.
DOMINGO 23 DE DECEMBRO: Podedes asistir ao Concerto de Nadal que haberá no Multiusos ás 18:00h.
XOVES 27 DE DECEMBRO: Títeres no Multiusos ás 18:00h.
SÁBADO 29 DE DECEMBRO: Títeres no Multiusos ás 18:00h.


ESTE RATO DE BIBLIOTECA DESEXA A TODAS AS FAMILIAS UN MOI FELIZ NADAL E UN ESTUPENDO ANO NOVO !



Un rato de biblioteca.

19.12.07

MÚSICA NA CARTA AOS REIS...


O Rato de biblioteca quere facer unha suxerencia a todos os nenos e nenas da escola. Na carta aos Reis Magos non esquezades pedir música,el recoméndanos especialmente dous CDs que sabe que lle encantan aos rapaces e rapazas do colexio.Os dous son de panxoliñas "O Aghinaldo" (do grupo de Mos,Malvela) e "O Quiquiriquí". Os dous traballos ademais de preciosas cantigas de nadal tamén inclúen DVD e karaoke das panxoliñas. Non se pode pedir máis,

NESTE NADAL,TODOS A CANTAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAR !

11.12.07

LIBROS QUE FALAN DOS NOSOS DEREITOS


Fixemos unha selección de libros que falan de DEREITOS para todos.Están á vosa disposición na biblioteca na estantería de IGUALDADE.
Tamén están colgados nos ordenadores da biblioteca os vídeos sobre os dereitos humanos que gustaron moito por que nos fixeron reflexionar sobre moitas cousas.

10.12.07

MÁIS SOBRE OS DEREITOS HUMANOS

videoOutro magnífico traballo feito no IES de Arzúa e que disfrutamos tod@s.

9.12.07

VIDEO DEREITOS HUMANOS

videoFantástica montaxe de fotos sobre a canción de Manu Chao "Clandestino" de Charo Sánchez-Gabriel.

8.12.07

DEREITOS HUMANOS

videoDereito a que ningunha persona sexa discriminada por razón da súa cor,sexo,xeito de pensar.....TODOS DIFERENTES....TODOS IGUAIS.

10 DE DECEMBRO-DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Estupendo cartel que conmemora o día dos Dereitos Humanos cedido por IES RIO CABE de Monforte para uso das bibliotecas escolares.





3.12.07

NADAL PARA LER E CANTAR...

Empeza o mes de NADAL e imos aproveitar para LER E CANTAR panxoliñas...
  • O grupo Malvela ten un precioso cd "O Aghinaldo" con KAROKE co que aproveitaremos para ler,tocar,bailar e cantar.
  • Tamén podemos ler e cantar cos LUNNIS co cd "Navidad con los Lunnis"(tamén teñen karaoke)

25.11.07

ÓPERA "A TRAVIATA" (VERDI)

video

23.11.07

400 ANOS DE OPERA

Estamos celebrando no colexio o aniversario do estreno da primeira ópera hai xa 400 anos. Aproveitando a ocasión a biblioteca ampliou os seus fondos e adquiriu varios libros de ópera (para escoitar e ler) que xa podemos desfrutar. Podedes topalos na estantería de novidades. Tamén aprendimos unha pequena poesía e desde este blogg desexámoslle un feliz aniversario a este xénero musical.
FELICIDADES !!!!
PODEDES LER E ESCOITAR ÓPERAS ADAPTADAS PARA NEN@S NESTE ENDEREZOOhttp://www.cuentameunaopera.com/

12.11.07

DEREITOS D@S LECTOR@S

  1. - O dereito de non ler.
  2. - O dereito de saltar as páxinas.
  3. - O dereito de non terminar un libro.
  4. - O dereito de reler.
  5. - O dereito de ler o que sexa.
  6. - O dereito ao Bovarismo (enfermidade textual transmisible).
  7. - O dereito de ler onde sexa.
  8. - O dereito de buscar libros, abrilos onde sexa e ler un pedazo.
  9. - O dereito de ler en voz alta.
  10. - O dereito de calar.

(Daniel Pennac)

O BAÚL DOS CONTOS


Apareceu na biblioteca un baúl...cando o abrimos levamos unha sorpresa,dentro estaba o libro "CORRE,CORRE,CABACIÑA" e unha cabaciña de verdade. Escoitamos o conto con atención e realmente gustounos moito. As ilustracións de Eva Mejuto son preciosas e nós tamén nos animamos a facer un debuxo deste conto tradicional portugués.

Agardamos a que o baúl volva a aparecer pronto cunha nova historia.

3.11.07

A NOSA BIBLIOTECA

video

31.10.07

AVENTURA NA BIBLIOTECA

video

25.10.07

24 DE OUTUBRO DIA DAS BIBLIOTECAS

Aproveitando que o mércores 24 era o DIA DAS BIBLIOTECAS o noso ratiño de biblioteca enviou por carta a cada neno e nena da escola o seu novo carnet de biblioteca...foi moi emocionante por que non sabemos como puido facer para repartir as máis de 170 cartas...sabemos que as enviou por avión desde BIBLIOTEQUIX pero apareceron de xeito moi misterioso:nalgunhas clases deixounas dentro dos libros,noutras tiradas polo chan,noutras ás nove da mañán e noutras despois do recreo.O máis sorprendente é que ninguén conseguiu ver a tan misterioso rato mentras andaba polo colexio a repartir esta correspondencia.
Tamén enviaba unha carta para ler os pais e nais d@s nen@s e donde nos invitaba a ir ás bibliotecas de Mos,Redondela e Porriño.Todas están moi cerca e según este ratiño teñen un montón de libros e pelis agardando a que un nen@ os leve prestado.

23.10.07

DEIXA O TEU COMENTARIO ACERCA DO RATO DE BIBLIOTECA



Deixa a túa opinión acerca do misterioso rato de biblioteca...

22.10.07

CARTA DESDE BIBLIOTEQUIX

Aquí temos as fotos da carta que amablemente desde BIBLIOTEQUIX enviou o rato de biblioteca,a carta como podedes ver foi enviada por correo URXENTE



Polo que vimos no sobre o RATO DE BIBLIOTECA vive na rúa do Libro, nun lugar chamado BIBLIOTEQUIX.

17.10.07

CARTA DUN RATO DE BIBLIOTECA


Hoxe mércores 17 de outubro os nenos do colexio Mestre Martínez Alonso recibiron unha enorme carta por correo URXENTE.

Foi unha grande sorpresa...escribiunos un rato de biblioteca que despois de andar polo mundo adiante visitando bibliotecas doutros colexios decidiu quedarse a vivir con nós.
Aínda non o coñecemos en persona pero dentro da carta había fotos que demostraban que ese misterioso rato estivera na nosa escola. Subiu polas estanterías,leu o libro dos tres porquiños,o libro de mamacabra,os dos pequechos.
En fin, ese rato estivera na nosa escola e ninguén se dera conta.
Pero o máis sorprendente é que nos advirte nesta misiva de que vai volver, e non só de visita senón a quedarse a vivir definitivamente na nosa biblioteca.
Seguiremos informando do misterioso rato de biblioteca que procedente do lugar de BIBLIOTEQUIX pretende instalarse na nosa biblioteca para sempre.

2.10.07

¡CONTAMOS MOITO!...(PAIS E NAIS DE E.I.)




Aproveitando a primeira reunión informativa cos pais e nais de infantil entregáronse os materiais de animación á lectura "¡CONTAMOS MOITO!" e tratouse de implicar ás familias na necesidade de crear e consolidar o hábito lector nos nenos e nenas desde pequeniños.




  • os materiais serán presentados na casa polos pais e nais aos seus fillos.


  • serán traballados ao longo do curso na escola.


  • invitouse aos pais/nais a pasarse pola biblioteca do cole en compañía dos seus fillos de vez en cando para ler,xogar ou realizar préstamos.


  • tamén propuxemos visitar a biblioteca municipal como unha actividade familiar máis para facer de cando en vez.

1.10.07

CONTOS VIAXEIROS II






"AS ESTRELAS DA AMIZADE"



O curso pasado presentamos durante o mes de ABRIL un novo Conto Viaxeiro que levou por título "AS ESTRELAS DA AMIZADE". En colaboración todos os nenos e nenas da escola fixemos unha grande aventura...

CONTOS VIAXEIROS


Durante o curso 05/06 entre todos os nenos e nenas do colexio creamos o noso primeiro Conto Viaxeiro,presentámolo na biblioteca escolar dentro das actividades de ABRIL MES DOS LIBROS e foi un éxito total...Desde entón temos un conto de princesas escrito por nós que nos encanta ler e reler: "O MONSTRO E A PRINCESA"

30.9.07

CANTIGA LIBRO MAMACABRA SETEMBRO



Moi contento a escola vou,

aos amigos hei de ver,

xogarei,aprenderei
e con todos cantarei.


Coa mochila podo ben,

gomas,libros levarei,

un caderno e un pincel,

un afía e papel.


¿atréveste ti a inventar unha estrofa nova?

CANTIGA LIBRO MAMACABRA OUTUBRO




NUNHA CASA Á QUE EU FUN
TAN SÓ CONTAN ATA UN
NA CASA DOS MEUS AVÓS
SEI QUE CONTAN ATA DOUS
E NA CASA DUN INGLÉS
PODEN CONTAR ATA TRES
EU NON SEI COMO FARÁN
NA SÚA CASA OS DEMAIS

UN DOUS TRES AS FOLLIÑAS VAN CAENDO
UN DOUS TRES VAN QUEDANDO POLO CHAN
UN DOUS TRES TRAE O VENTO MOITAS DELAS
UN DOUS TRES OUTRO VENTO AS LEVARÁ

NUNHA CASA DE BOATO
TAN SÓ CONTAN ATA CATRO
NA CASA DOS MEUS VECIÑOS
SEI QUE CONTAN ATA CINCO
NA CASA DO PROFE ANDRÉS
CONTAN SEMPRE ATA SEIS
EU NON SEI COMO FARÁN
NA SÚA CAS OS DEMAIS

UN DOUS TRES CADA DÍA VAI MÁIS FRÍO
UN DOUS TRES SOPRA O VENTO DO NORDÉS
UN DOUS TRES GARDA AS LANDRAS O ESQUÍO
UN DOUS TRES COIDO QUE XA VAI CHOVER

NUNHA CASA DE XOGUETE
CONTAN SEIS E CONTAN SETE
NA CASA DUN ALEMAN
ATA OITO CONTARÁN
NESA CASA CANDO COCEN
CONTAN TODOS ATA NOVE
EU NON SEI SE ALGUNHA VEZ
CHEGAREMOS ATA DEZ

NORMAS DA BIBLIOTECA




NORMAS DA BIBLIOTECA

DEBES RESPECTAR A LECTURA DOS DEMAIS
DEBES COIDAR OS LIBROS PARA QUE POIDAN SER LIDOS POR OUTROS NENOS E NENAS.
OS RESPONSABLES DA BIBLIOTECA PODEN AXUDARTE A BUSCAR O LIBRO QUE TI QUERES.
PODES LEVAR LIBROS EN PRÉSTAMO A CASA.




HORARIO DA BIBLIOTECA




ABRE TODAS AS TARDES DE 16:00 – 17:00 h.
ABRE ADEMAIS NO RECREO.
CADA CLASE DISPÓN DE 2 HORAS SEMANAIS PARA FACER USO DOS FONDOS DA BIBLIOTECA.

É...¡A HORA DE LER!