30.1.13

SADAKO SASAKI E AS MIL GRÚAS DE PAPEL

Todo o colexio está volcado elaborando grúas de papel, temos que chegar ata mil...ao principio non sabiamos porque pero hoxe desvelouse o misterio. Entre todos colgamos a grúa número mil e con este xesto queremos contribuír a conseguir un mundo mellor, un mundo sen violencia.

Temos á vosa disposición dous exemplares do  libro "Sadako e as mil grúas de papel"

 Tamén podedes coñecer a historia de Sadako Sasaki con este video


E se vos animades podedes seguir estas instruccións e facer a vosa propia grúa con origami.

8.1.13

DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Este ano as actividades da biblioteca para celebrar o Día escolar pola paz e a non violencia van xirar ao redor da amizade. Ser de verdade amigos para construir desde a escola un clima de solidaridade e convivencia, para construir iso que chamamos cultura de paz.
Ratiño e Ratiña de biblioteca deixan uns videos que nos invitan a reflexionar.
Para deixar de ser espectadores:

   

Cando as palabras tamén doen:


 Un pouco de humor: