Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2010

2010 ANO DA LECTURA

O ano 2010 foi declarado Ano do Libro e a Lectura en Galicia, o seguinte video forma parte da campaña de animación á lectura.

MAIS RECURSOS SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA

Imaxe
Premede na imaxe para visitar a páxina de recursos que a Biblioteca Escolar do CEIP Víctor Saenz elaborou para conmemorar os Dereitos da Infancia. Agradecemos a esta biblioteca que comparta con todos este fenomenal traballo. Nós de todos os recursos escollimos a canción titulada "Niños" de Pedro Guerra que reflicte a terrible realidade dos nenos e nenas da rúa de América do Sur. Aquí deixamos o video e a letra para cantala e reflexionar sobre o que dice. A 30 pisos de altura frente a la playa de copacabana La calle huele a humedad a fruta sexo bronceador cachaza A 30 pisos de altura veo la vida que me mira y pasa Bebiendo agua de coco frente a la playa de copacabana Cuando den las diez no volveran a casa Se quedaran ahi no volveran a casa Cuando den las diez los niños de la playa Se quedaran ahi no volveran a casa Coro: Como los coches luz de farola Como los gatos y las baldosas Como las tiendas y los buzones Como basura por los rincones Como los perros intentando vivir, v

DEREITOS DA INFANCIA:Dereito á Educación

RECURSOS SOBRE A AUGA E OS DEREITOS DA INFANCIA

Imaxe
Desde dúas fantásticas bibliotecas escolares: Ceip Quintela en Moaña e o Ceip Milladoiro de Malpica chéganos dous recopilatorios de recursos sobre dous temas ben interesantes A Auga e os Dereitos Da Infancia Premede na foto para visitar a páxina de recursos sobre a auga que preparou o equipo de biblioteca do Ceip Quintela de Moaña . Un traballo excelente con vídeos, información, xogos... Este ano 2010 é o Ano Internacional Da Auga. Felicitamos ao equipo de biblioteca de Quintela por este xenial traballo . Premeda na imaxe para visitar agora a páxina relacionada cos dereitos da infancia que realizaron na Biblioteca do Ceip Milladoiro de Malpica. Os nosos parabéns ás dúas bibliotecas e o noso agradecemento por compartir estes recursos.

CANDO OS LIBROS SAEN DOS ANDEIS DA BIBLIOTECA

É entón cando atopan o seu sentido. O pasado venres comprobámolo coa dinamización do espazo lector do corredor de primaria que realizaron os nenos e nenas de 6º. Coas súas explicacións coñecimos un pouco máis afondo a vida do xenial poeta Miguel Hernández, cos seus recitados sentimos a emoción das palabras que os conforman. Sentimos a mesma pena que debeu sentir o poeta no cárcere lonxe da súa familia... da súa muller, do seu bebé... Aquí tendes unha pequena parte do acto en vídeo. Apla udimo s moito aos compañeiro s de sexto e á súa titora pola iniciativa. QUEREMOS MÁIS! Somos ratiños e ratiñas lectoras ávidos destas sensación que produce a palabra escrita. Durante toda a semana estará expostos os libros, cd e dvd dos fondos da biblioteca. Despois poderemos levalos en préstamo para casa. Ademais o luns 8, martes 9 e mércores 10 de novembro neste espaz o do corredor proxectarase durante a primeira parte do recreo un vídeo sobre a vida do poeta. Haberá un encargado de poñer en marcha a

ESTEREOTIPOS DE XÉNERO

Imaxe
Durante este curso o alumnado que asiste ás aulas de atención educativa utilizará como ferramenta o blog http://estereotiposdexenero.blogspot.com . A profesora responsable é membro do equipo de biblioteca e centrará parte das súas actividades en analizar os estereotipos de xénero na literatura infantil. Como xa sabedes o proxecto anual de biblioteca está adicado ao xénero da poesía e a igualdade. A igualdade de xénero como é ben sabido, non é real, así que dende a biblioteca non aforraremos esforzos para colaborar no camiño ata acadala. A partir de hoxe tendes o enlace co novo blog na columna da dereita. Se o preferides podedes premer na imaxe.

CENTENARIO DE MIGUEL HERNÁNDEZ

Imaxe
Os nenos e nenas de sexto levan un tempo xa traballando a figura de Miguel Hernández e na primeira semana de novembro realizarán un acto no espazo lector que teñen habilitado no corredor de primaria para dar a coñecer a vida e obra deste xenial poeta. Durante o acto recitarán poemas e escoitaremos algún deles musicado. Presentarán tamén o libro da editorial Kalandraka "Miguel Hernández. 25 poemas ilustrados" e o traballo de Joan Manuel Serrat "Hijo de la luz y de la sombra " onde o músico catalán canta de novo ao poeta. Estes dous materiais forman parte da nosa biblioteca escolar e despois desta presentación quedarán a disposición de todos os usuarios/as. Para abrir boca aquí tendes toda a información que está colgada nos paneis. MIGUEL HERNÁNDEZ