Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2008

RATIÑO E RATIÑA FORON DE VACACIÓNS E LERON UN MONTÓN

Levabamos moito tempo sen saber nada do noso ratiño e da nosa ratiña de biblioteca, pasou o veran sen ter novas acerca deles. Tiñamos moitas dúbidas...Como pasan os ratiños e ratiñas de biblioteca as súas vacacións de verán? Pois aquí tendes a resposta, ratiño e ratiña de biblioteca enviáronnos un vídeo e... non o ides crer, pero os nosos ratiños foron á praia! Xogaron coa area, fixeron un castelo, leron os contos que levaban na súa mochila...Estes ratiños si que saben pasalo ben!

COMEZA UN NOVO CURSO

Pois aquí estamos outra vez, inaugurando o curso escolar 2008/2009 e desexándovos que este sexa de verdade un ano moi especial. O Equipo de Bibioteca ten preparadas moitas actividades e contamos con todos os ratiños e ratiñas da escola para levalas a cabo. Estas actividades están recollidas dentro do proxecto da biblioteca titulado "Ler as emocións, emocionarse ao ler". Podedes ler o texto completo do proxecto visitando a páxina web da biblioteca no seguinte enderezo: http://bibliotecamestremartinezalonso.googlepages.com/home Hai uns días recibimos a nova de que seguíamos incluidos dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) promovido pola Xunta de Galicia e que neste curso que comeza contaremos cunha axuda económica de 6.200 € para adquirir novos fondos, material informático e mobiliario. Toda a comunidade educativa do CEIP Mestre Martínez Alonso pode felicitarse, entre todos e todas estamos dinamizando a biblioteca escolar e contribuimos a crear nenos e nena