Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2022

O APALPADOR

Imaxe
Neste mes, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, realizamos unha pequena exposición da figura do Apalpador no corredor principal do cole, con elementos e bibliografía propia para achegarnos a este tradicional personaxe galego nestas datas festivas. Ademáis, traballamos a canción de "O Apalpador" en LSE de Mamá Cabra, invitando ao noso alumnado a bailar e cantantar mentres seguimos aprendendo e xogando coa lingua de signos.

NOVIDADES DECEMBRO

Imaxe
 Aquí están desde hoxe as novidades que podedes atopar no moble das mesmas para gozar delas nos ratiños de biblio antes de poder ser emprestadas. Agardamos que vos gusten!

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Dende o equipo de biblio queremos compartir algunhas recomendacións de lecturas e xogos de mesa  para este Nadal e convidamos a nosa comunidade educativa a visitar nestas datas as bibliotecas e librarías da zona. Porque non hai mellor agasallo que facer e facerse a un mesmo que un xogo e/ou un libro.                                Felices festas!

CAMPAÑA CULTURA POR SOLIDARIEDADE

Imaxe
 Este curso, en colaboración coa Asociación Tapones por el mundo, somos punto de recollida de tapóns solidarios e desde esta semana iniciamos esta campaña solidaria que durará todo o curso e coa que podes colaborar donando tapóns para reciclar. A cambio, podes levarte un fondo de expurgo da biblioteca, dándolle así outra vida á estes recursos culturais. ¿Que tapóns podo donar? Calquer tapón e tapa de plástico procedente de artículos de uso doméstico: tapa dunha barra de pegamento, desodorante, dosificador do suavizante, productos de hixiene e limpeza... Sempre que estén nos tipos de plástico 2 e 5, que non son tóxicos e son favorables para o medio ambiente. Nesta ocasión, todo o recaudado irá destinado a Jairo , un neno de tres anos cunha dolencia catalogada como rara denomidada Metabolopatía por déficit de CPS-1.   Todo isto e moito máis será explicado nas aulas o vindeiro martes 13 a través do equipo de voluntariado da biblioteca, facendo campaña desta iniciativa solidaria que contri

25N. ENTENDES OU NON?

Imaxe
Hai moitos xeitos de dicir NON, ou de NON dicir SI. O noso alumnado de 5º e 6º traballou arredor do que é o consentimento e por iso fixeron o video “Entendes ou NON?” co que se presentaron ao Concurso 25N da Xunta de Galicia e co cal gañaron o PRIMEIRO PREMIO na categoría audiovisual de concienciación por esta data. Así, fixeron unha presentación e exposición a todo o cole para transmitir esta mensaxe, a través dunha presentación audiovisual, do rol playing e mesmo da LSE. Tamén foron os anfitrións para invitar ao resto do cole a realizar un mural colectivo onde, nun SÍ grande e claro, aparezan mensaxes que non sexan afirmativas, para mostrar á comunidade a importancia dun consentimento claro. Aquí deixamos unha mostra desta conmemoración. https://www.farodevigo.es/comarcas/2022/11/26/alumnado-ceip-mestre-martinez-mos-79132938.html

MOCHILAS VIAXEIRAS PARA FAMILIAS

Imaxe
Deseñamos esta nova proposta para as familias lectoras: o préstamo das mochilas viaxeiras con fondos da nosa sección de adultos!  Desde este mes ata finais de maio as familias poderán solicitar o préstamo dalgunha das seguintes mochilas a través do correo electrónico da biblio, indicando o nº da mochila preferente e o nome do seu fillo/a e curso para poder entregarlle a mochila directamente. Os recursos son pensados para os adultos, con temáticas de interese sobre crianza e pedagoxía. Tamén recordamos que dispoñemos dun catálogo de máis de 40 fondos na sección 37, con contidos relacionados coa pedagoxía, psicoloxía e crianza, axeitados para profes e familias, que podedes coller de préstamo co nº de carné da biblio do alumnado.  Agardamos con entusiasmo as vosas solicitudes!

NOVIDADES NOVEMBRO II

Imaxe
Máis novidades coas que gozar na biblioteca. Podedes atopalas no estante das mesmas durante un tempiño, antes de ir aos estantes correspondentes para poder ser emprestados.

EXPERIMENTAMOS COA CIENCIA

Imaxe
  "A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica  moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres."  José Tubío Este mes celebramos O MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BILIOTECAS, facéndoo a través dunha pequena selección e exposición de fondos para fomentar o interese por experimentar coa ciencia. Ratiña e Ratiño animan a todo o alumnado a convertirse en auténticxs científicxs e enviar ao correo da biblio mostras daqueles experimentos que fagan neste tempo (mediante imaxes, videos, audios...), tanto no cole como nas súas casas, para compartir con toda a comunidad

NOVIDADES NOVEMBRO

Imaxe
 Xa están dispoñibles no estante das novidades estos novos recursos. Agardamos que vos gusten!

O SAMAÍN, A NOSA TRADICIÓN

Imaxe
Polo Samaín, en colaboración cos equipos do centro, partimos de diferentes actividades para vivenciar e recuperar do esquecemento as raíces da nosa cultura tradicional galega. O Samaín é a festividade de orixe celta máis importante do período pagano en Europa ata a conversión ao cristianismo. A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración da fin da tempada da colleita na cultura celta  e era considerada como o "Ano Novo Celta", que comezaba coa estación escura.  É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) coma de apertura ao outro mundo.  Significa "fin do verán". No cole celebrámolo da seguinte maneira : - Presentación sobre a orixe do Samaín a cargo do alumnado de sexto de EP, quen levou a cabo exposicións orais interactivas a todas as aulas do cole. - Selección de lecturas para reflexionar arredor dos medos así como coñecer o noso samaín. - Exposición de cabazas no corredor principal do centro, decoradas en familia, preferentement