Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2010

A NOSA CARTA DE NADAL

Imaxe
Mos, 21 de decembro de 2010 Queridos Reis Magos, Papá Noel, Apalpador e outros personaxes encargados de traer os regalos aos nenos e nenas no nadal, Escribo esta carta para contarvos que son un verdadeiro ratiño de biblioteca así que acertardes de seguro se neste nadal axudades a aumentar a miña biblioteca particular. Que vos parecen as seguintes suxerencias: Un conto de piratas, de princesas, de bruxas... Ou un libro de animais, do espazo, do fondo mariño, do corpo humano, de plantas... Ou unha película de misterio, de amizade, de aventuras... Ou un disco de cancións de nadal, de cancións para nenos, de música clásica, de músicas de outros países... Ou un documental que fale da vida nos mares, das viaxes espaciais, das viaxes das aves... Un xogo de ordenador que nos divirta e nos faga pensar... Tal vez consigades que papá, mamá ou algún familiar amable me leve de visita á biblioteca municipal de Mos, de Porriño ou de Redondela. Seguro que o pasamos moi ben toda a familia na biblioteca

O APALPADOR EN VIGO

Imaxe
Atención nenos e nenas! este xoves tendes unha cita moi especial ás 6 da tarde en Vigo con, nen máis nen menos que co APALPADOR . Neste acto organizado pola sociación AGARIMAR haberá música, agasallos para os pequenos e pequenas... Será unha verdadeira festa! Quen se anima?

E QUE FAGO EU CUNHA COLIFLOR? (MINIQUEST)

Imaxe
Ratiño e Ratiña deixaron como regalo nas aulas unha planta de coliflor, seguramente moitos pensáchedes nese momento: "E que facemos agora cunha coliflor?" Pois aquí tendes a resposta á pregunta: resolver esta miniquest para saber que facer coa vosa coliflor e ademais coñecer algo máis sobre o fantástico mundo das plantas. Premede na imaxe para iniciar a investigación.

LIBROS SOBRE PLANTAS

Imaxe
Temos preparada na biblioteca unha exposición con libros sobre plantas. Ratiño e Ratiña de biblioteca deixaron en cada aula unha planta de regalo cunha invitación para achegarse á biblioteca. Con todo o que ides aprender nos libros seguro que non tendes problema para coidar e conseguir que a vosa planta medre. Tamén elaboramos un vídeo cunha pequena explicación sobre os libros que seleccionamos para a exposición. Prestade atención ao video e a canción da "Nena botánica". Aquí tendes a letra para ler e cantar. "NENA BOTÁNICA" EU TEÑO UN VIVEIRO CHEIÑO DE PALANTAS, FLORES AMARELAS, VERMELLAS E BRANCAS. TEÑO PENSAMENTOS, PAPOULAS E ROSAS, RAÍÑOS DE SOL QUE XOGAN NA PORTA. PORQUE SON BOTÁNICA, BIOORGÁNICA, SON MÁXICA… PORQUE SON BOTÁNICA, BIOORGÁNICA, SON MÁXICA… E TEÑO UN CARDÍN QUE CHEIRA A XASMÍN, ONDE COLLO EU TAMÉN COLLES TI. TEÑO MOITAS FONTES E DÚAS LAGOAS ONDE POLAS NOITES AS RANCIÑAS CROAN. PORQUE SON BOTÁNICA, , BIOORGÁNICA, SON MÁXICA… PORQUE