14.3.14

Chegou marzo e con el a poesía, como xa sabedes o día 21 celebramos o Día da Poesía. Como xa nos informaron Ratiño e Ratiña de biblioteca temos a disposición de todos os lector@s do cole o II Libro de poesía ilustrada que fixemos entre todos o curso pasado. Tamén aproveitaremos este mes para que o alumnado de 4º pase polas aulas unhas versións en poesías dos contos "Carapuchiña Vermella" e "Os tres porquiños" Finalmente deixámosvos de agasallo poético este vídeo do libro "Rosalía pequeniña" interpretada por Uxía e que imaxina a unha Rosalía de Castro sendo unha nena pequena.