Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2009
Imaxe
Invitamos a todos os ratiños e ratiñas do cole a participar no I Concurso de creación de Lema e Cartel de animación á lectura. O prazo de entrega final dos traballos será o 17 de abril e a entrega de premios enmarcarase dentro das actividades organizadas pola biblioteca para conmemorar "Abril, mes dos libros". Os carteis estarán elaborados con ordenador. Así que xa sabedes, poñede o voso cerebro a funcionar e a deseñade un lema e un cartel que motive á lectura. Haberá premios por ciclos!

BIBLIOTECA E SALÓN DO LIBRO

Este pasado xoves 19 de febreiro os nenos e nenas de 2º ciclo visitamos a Biblioteca Municipal de Pontevedra. Na biblioteca visitamos a exposición "Pintar o verde" que está composta por traballos realizados por ilustradores e ilustradoras portugueses. Tamén visitamos o Salón do Libro que este ano está adicado ao amor e o país invitado é Portugal . Encantáronnos os traballos que alí se expoñen, gustáronnos tanto que non poidemos evitar aplaudir. Tamén no Salón do Libro escoitamos a historia e "A árbore das follas DIN A 4". Foi unha excursión fantástica!

CANCIÓNS PARA LER E CANTAR

Para todos os ratiños e ratiñas da escola aquí deixamos a historia de "Chocolata" cantada por Almudena Janeiro e que está incluida no traballo "Contos en cantos" da editorial OQO e que sabemos está tendo moito éxito nas clases de música.