Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2023

SAMAÍN

Imaxe
  "Moito maxín, no SAMAÍN, é hora de contar historias de medo e fuxir. Moito maxín hai no Samaín, é hora de contar historias de medo e botar a rir". Que nos agardará a vindeira semana na biblioteca e no cole? Estamos máis que preparadxs...

APERTURA DA BIBLIO: PRESENTACIÓN DO LIBRO "MARIPOSAS EN EL ESTÓMAGO, PÁJAROS EN LA CABEZA Y HORMIGAS EN LOS PIES"

Imaxe
 O pasado 23 de outubro inauguramos un curso máis a nosa biblio e fixémolo ao grande, coa presentación do libro: “Mariposas en el estómago, pájaros en la cabeza y hormigas en los pies”, escrito e editado pola mestra Elvira e ilustrado polo artista mexicano Fher Ferrer Viramontes. Achegamos o libro a todo o alumnado a través da rutina de pensamento: vexo, penso, pregúntome. O alumnado de Educación Infantil reflexionou a partires desta dinámica sobre o mundo da ilustración, indagando acerca das diferentes perspectivas que atopamos nunha manifestación artística, en base ás ilustracións do propio autor que aparecen no libro. O alumnado do primeiro ciclo , ademáis disto, traballou os concenptos da creatividade e a imaxinación á hora de expresarse a través das palabras ou das imaxes. No segundo ciclo , adentrámonos máis no eido das letras e analizamos diferentes ditos populares e frases feitas que teñen coma protagonistas aos gatos, para comprender con máis profundidade un dos cap

RATIÑA E RATIÑO ESTÁN DE VOLTA

Imaxe
 Chega outubro e con él a inauguración un curso máis da nosa biblio! Neste tempo, Ratiño e Ratiña e mais o Equipo de Apoio á Biblioteca estiveron organizando todos os materias e espazos, os horarios na xornada lectiva para as aulas, as novas incorporacións ao equipo de voluntariado na bilio, así como creando os carnés para o novo alumnado/profesorado, entre outras moitas cousiñas. Pero xa estamos a piques de comezar unha nova andaina.  Apuntade ben porque o vindeiro luns 23 , temos unha cita moi especial na biblioteca. Dalle ao play e verás un adianto do que nos agarda ese día... A partir desa data, as portas da biblio estarán abertas tanto en horario lectivo como en horario extraescolar.  Neste curso, ademais das sesións asignadas para cada aula de visita á biblioteca, abrimos nos recreos dos luns (para 1º e 2º de EP), os mércores (para 3º e 4º de EP) e os venres (para 5º e 6º de EP). Para un mellor funcionamento, deixamos un pequeno recordatorio das normas da biblio , así como a CD