25.11.09

25 DE NOVEMBRO, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tradicionalmente na nosa biblioteca adicamos o trimestre novembro, decembro e xaneiro a conmemoración de diferentes datas relacionadas cos dereitos da infancia, a violencia contra as mulleres, os dereitos humanos e a non violencia e a paz.

O mes de novembro recolle dúas destas datas significativas os dereitos dos nenos e nenas e a loita contra a violencia exercida sobre as mulleres. Hoxe 25 de novembro non podemos esquecer que mulleres e nenas son obxecto de violencia e discriminación en todo o mundo. Este problema non entende de clases sociais, é de feito un gravísimo problema universal que require a concienciación de todos e todas.

Desde a escola, e como non, desde as bibliotecas escolares temos a responsabilidade de educar ás nenas e nenos para negarse a asumir esta terrible realidade. Agradecemos ao IES Río Cabe de Monforte o fantástico cartel que tamén nesta ocasión non dubidaron en compartir con outras bibliotecas.


Desde o blog http://trafegandoronseis.blogspot.com chéganos tamén este fantástico vídeo de sensibilización no Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

24.11.09

NOVEMBRO, DEREITOS DA INFANCIA:

A ONG Médicos Sen Fronteiras preséntanos o xogo "...Y comieron felices" Una historia optimista sobre la desnutrición infantil.
Un xogo ideado para sensibilizar aos máis pequenos sobre a terrible realidade da desnutrición infantil.


O xornal El País publica en colaboración con UNICEF un retrato da infancia no mundo: "Seis meses atravesando fronteras, veinte países, cuatro continentes. Una fotógrafa: Isabel Muñoz. Cinco periodistas, 19 ONG, un centenar de niños retratados. En el 20º aniversario de la Convención sobre los Derechos del Niño, comprobamos que se ha avanzado en el camino, pero que queda mucho todavía por recorrer".
Premede na foto para ver a reportaxe
"NUESTRO PEQUEÑO MUNDO"



23.11.09

NOVEMBRO MES DOS DEREITOS DA INFANCIA: NENOS E NENAS ESCRAVOS

Cada 20 de novembro celebramos que os nenos e nenas teñen dereitos, a realidade encárgase de demostrarnos ano tras ano que este é un obxectivo que está lonxe de ser acadado. Nenos e nenas de todo o mundo traballan como escravos cando deberían estar xogando ou aprendendo na escola.

20.11.09

20 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA:

Aquí vos deixamos unha canción dos Lunnis para cantar e reivindicar...



E se queredes seguir cantando podedes lembrar a canción que escollemos na biblioteca escolar o curso pasado para celebrar este día



E se queres saber máis sobre os dereitos dos nenos e das nenas preme na foto

11.11.09


CONTOS DO SAMAÍN

Con motivo da celebración do samaín na escola os nenos e nenas de 4º de primaria decidiron escribir "Contos de Medo!" ...

Traballaron en parellas e unha vez decidido o argumento escribírono e colgárono no tendal dos escritos da biblioteca.

Alí quedaron expostos para que todos os ratiños e ratiñas lectoras da escola poidan gozar da súa lectura.

Se ves á biblioteca e queres pasar medo de verdade, non te cortes e descolga estes contos do samaín... pasarás un rato TERRORÍFICO!