21.12.16

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Como este curso estamos moi deportistas as recomendacións lectoras para este nadal teñen como centro de interese o deporte, agardamos que Apalpador, Papá Noel ou Reis Magos teñan en conta que todos os nenos e nenas desta escola son grandes lectores e inclúan un libro entre os agasallos!
Feliz Nada!

Rec. Color Nadal Lect. Olímpicas c.16-17 by bibliotecamestremartinezalonso413 on Scribd

19.12.16

TRANSEXUALIDADE

Os nenos e nenas de sexto de primaria asistiron a unha clase moi especial preparada pola nosa alumna en prácticas Lara Pereira Fernández. Lara intentou sensibilizar ao noso alumnado sobre a problemática coa que se atopan os nenos e nenas transexuais. Preparou o seguinte documento que desde a biblioteca queremos compartir con tod@s. Tamén nos animamos a visitar o noso andel azul clariño na biblioteca escolar onde atoparedes un montón de recursos para traballar as diferenzas. 
Tod@s diferentes, Tod@s iguais!

Tamén queremos animarvos a ver o documental El Sexo Sentido para coñecer máis de preto esta realidade, premede no enlace para poder ver o documental.

23.11.16

ATENCIÓN: COMEZAN OS DESAFÍOS OLÍMPICOS DESTE CURSO!

Premede no enlace ou na foto para saber cal é o primeiro desafío olímpico deste curso. Está destinado para os nenos e nenas de educación infantil e primeiro e segundo de primaria. Ánimo a tod@s!





22.11.16

TRADICIÓN ORAL E XOGOS OLÍMPICOS NA BIBLIOTECA...

Onte tivemos a vistita á nosa biblioteca de Begoña e Cecilia, dúas xogadoras de balonmán. Ademais tamén nos visitou Abel, o papá dun dos nenos da escola que é entrendor deste mesmo deporte. A visita encadrouse dentro do noso proxecto para este curso sobre os Xogos Olímpicos e en concreto dentro das actividades de tradición oral que se levan a cabo no mes de novembro.
Begoña Fernández é nada máis e nada menos que medallista olímpica, bronce nos xogos olímpicos de Londres 2012, e Cecilia segue a súa estela, non nos estrañará nada vela nun futuro defendendo a camiseta da selección española xa que no vídeo que nos puxeron non paraba de marcar goles! 

A charla estivo do máis interesante e resultou moi emocionante ver a unha das mellores xogadoras de todos os tempos no noso colexio respondendo ás inquietudes do noso alumnado.
Grazas a Abel, Cecilia e Begoña por participar no noso proxecto!

16.11.16

NOVO RECUNCHO INFORMÁTICO!!

OLA A TODXS, QUERIDIÑXS!!!


SABEDES DENDE ONDE ESTAMOS A ESCRIBIR ESTA ENTRADA DO NOSO FANTÁSTICO BLOG? POIS DENDE O NOVO RECUNCHO INFORMÁTICO DA BIBLIO!!!

QUE AÍNDA NON O USACHES???!!

 


POIS A QUE ESPERAS???!!! A BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN É MOI DIVERTIDA SE EMPREGAS OS MATERIAIS INFORMÁTICOS. ADEMAIS, NOS NOSOS ORDENADORES PODERÁS ACCEDER A:


  • PÁXINA WEB E DICIONARIO EN LIÑA DA RAG (REAL ACADEMIA GALEGA).
  • PÁXINA WEB E DICIONARIO EN LIÑA DA RAE (REAL ACADEMIA ESPAÑOLA).
  • OS DICIONARIOS DA ENCARTA.
  • A ENCARTA, EDICIÓN 2009 
  • A MIÑA PRIMEIRA ENCARTA, PARA OS MÁIS CATIVOS.
  • ACCESO DIRECTO Á WIKIPEDIA EN GALEGO
  • ACCESO DIRECTO Á WIKIPEDIA EN CASTELÁN
  • ACCESO DIRECTO Á WIKIPEDIA IN ENGLISH

ESO SÍ, COMPRE COIDAR MOITO O MATERIAL, ASÍ QUE NÓS (XA SABEDES, RATIÑO E RATIÑA), QUIXEMOS MOSTRARVOS UN CAMIÑO PARA PODER TER UNHAS BOAS PRÁCTICAS NO NOSO NOVO RECUNCHO! 

BOA VIAXE!!!

 


 


 




  

 






ASÍ QUE XA SABEDES, A DESFRUTAR E CON SENTIDIÑO!!!!

IMPORTANTE!!! LEMBRA QUE PARA ENTRAR NOS ORDENADORES, DEBES FACELO DENDE A CONTA DE USUARIO. GRAZAS!








28.10.16

E POR FIN CHEGOU O SAMAÍN!

Coincidindo coa festa do samaín hoxe na escola Ratiño e Ratiña de biblioteca comunicaron a boa nova! Por fin, logo dun longo proceso de votacións e finalizados todos os recontos e a lectura das pistas que Ratiño e Ratiña de biblioteca foron deixando no colexio podemos anunciar que o Proxecto Documental Integrado deste curso terá como centro de interese os... XOGOS OLÍMPICOS!!!!! Ratiño e Ratiña vestíronse moi elegantes para a presentación do proxecto, aquí os tendes, guap@s, guap@s e do máis deportistas! Agora xa só queda que tod@s na escola iniciemos as nosas investigacións para aprender todo, todo, todo acerca dos Xogos Olímpicos.
Hoxe pasámolo de medo cantando "No Samaín" de Paco Nogueiras. Aquí queda o vídeo da canción en lingua de signos para que tod@s gocemos neste samaín.

21.10.16

OUTUBRO MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola ratiños e ratiñas lector@s da escola,
cun pouco de retraso anunciamos na rede que a nosa biblioteca xa está funcionando a tope. As nosas mascotas encargáronse de entregar os carnés de usuari@s ao alumnado novo no centro e abrimos as portas ao préstamo e devolución o día 3 de outubro.


Todas as aulas de primaria e infantil teñen o seu horario semanal e ademais as familias poden gozar cos materiais de biblioteca polas tardes de catro a cinco.
Saudiños inaugurativos neste Outubro, mes das bibliotecas 2016

Cartel Apertura b.e. c.16-17 by yolandafontan on Scribd

24.5.16

Ola, presentamos o Conto Viaxeiro feito por tadas as alumnas e alumnos do Colexio Mestre Martínez Alonso deste curso, 2015/2016. Aquí o podedes ler en formato dixital. Recordade que na Biblioteca o temos en formato papel e quedou realmente marabilloso. Ratiña e Ratiño.

31.3.16

EL VIAJE DE MARÍA

O PRÓXIMO DÍA 2 DE ABRIL É 
DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO.
DENDE O NOSO COLE IMOS COLABORAR COA COLOCACIÓN DE GLOBOS AZUIS(COR SIMBÓLICA DESTA CAUSA)  POR TODO O CENTRO E CUN MURAL.
A MAIORES VOS DEIXAMOS UNHA  CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN REALIZADA POLO DEBUXANTE MIGUEL GALLARDO, PAI DUNHA NENA CON AUTISMO.

19.3.16

SEGUIMOS ARTELLANDO

NO CEIP MESTRE MARTINEZ ALONSO
SEGUIMOS ARTELLANDO 
E AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA

8.3.16

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Ola a todxs, amigxs!


Coma sabedes, hoxe é un día moi especial, que queremos promover dende a nosa biblio, o Día Internacional da muller. E para festexalo nos sumamos á campaña de Googl

#OneDayIWill

Se podes soñalo, podes selo.

Accede AQUÍ
a este vídeo conmemorativo feito co testemuño de 337 mulleres de 13 países do mundo, e ademáis, co doodle de hoxe, tamén nos lembran o traballo de mulleres que loitan pola igualdade e coa vontade de crear un mundo mellor.

PODES VELO AQUÍ  


Hoxe máis que nunca, gracias mulleres, gracias nenas, gracias nais, gracias profesoras, gracias a todas. É o voso día! 

4.3.16

MESTRES COS NENOS DE SIRIA

Ola a todxs, nenxs e menbros da comunidade do Mestre Martínez!


Queremos mostrarvos hoxe un traballo solidario no que participaron varios alumnos do centro. Trátase da iniciativa: "Maestros con los niños de Siria". Este proxecto colaborativo solidario naceu en forma de blog e pretende dar visibilidade ó conflicto sirio.


Dende o Mestre Martínez Alonso, participamos cunha entrada titulada: Mensaxes de esperanza. A actividade consistiu na elaboración de diferentes mensaxes positivas que mostraran esperanza os cativos sirios, sen caír na superficialidade ou na frivolidade.

Xs nenxs participantes mostraron unha grande concienciación dada a súa idade e por este motivo estamos moi orgullosos.

Así que non vos liamos máis e aquí deixamos a entrada coa que participamos no proxecto. Non esquenzades compartila nas vosas redes sociais para que este proxeto chegue moi lonxe.





Ata máis ver!!

23.1.16

ARTELLAMOS

OLA FAMILIAS!
        Aquí vos deixamos unha mostra do material que nenos e nenas elaboraron nas
súas casas con motivo das mochilas viaxeiras artísticas.

     MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!



21.1.16

MARÍA FUMAÇA

Ola a tod@s, Ratiño e Ratiña de biblioteca traen unha nova fantástica! O IBBY -a institución internacional máis importante no que a literatura infantil e xuvenil respecta- vén de incluír o libro-disco María Fumaça entre os dez títulos que seleccionou en España para a súa escolma "The World Through Picture Books".
Agora, a locomotora musical máis famosa de todos os tempos formará parte dunha mostra itinerante que percorrerá todo o mundo comezando por Francia, Xapón e os países escandinavos.
Parabéns á familia María Fumaça e en especial ao maquinista Ruí!
De seguro sabedes que dispoñemos de varios exemplares á vosa disposición na biblioteca así que non tendes escusa para gozar, cantar e bailar con: MARÍA FUMAÇA

Tamén podedes optar por XIQUI XOQUE FIU FIU, o segundo libro disco do grupo. No seguinte vídeo tendes unha mostra do seu contido.  
Tanto no primeiro como no segundo libro atoparedes a compañeir@s da escola. 
Recoñecedes a alguén?