Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2019

BIBLIOPATIO

Imaxe
Hoxe comezou a nosa Bibliopatio.   Dentro do proxecto "O patio que soñaMOS", ofertamos a todos os nenxs un momento de lectura todos os venres no patio. Este carriño foi obra dun dos talleres do Módulo Mixto do Centro Penitenciario de a Lama; feito con material de refugallo e madeira, foi a sensación do patio de hoxe! 

NOVIDADES

Imaxe
Estas son as novidades da biblioteca! Recordade que de momento son só para consulta. Axiña estarán dispoñibles para préstamo.

MESA TEMÁTICA: SAMAÍN

Imaxe
Ratiño e Ratiña xa están preparados para vivir un Samaín de conto, e ti? Achégate á biblioteca e goza dunhas lecturas terroríficas!!

APERTURA DA BIBLIOTECA

Imaxe
Hoxe conmemóranse o "Día das Bibliotecas Escolares", e no cole inauguramos a nosa "nova" biblioteca. Ratiño e Ratiña anímanvos a coñecer e utilizar este espazo do centro que dende hoxe estará aberto a toda a comunidade escolar todos os días de 16:00 a 17.00h.  O préstamo xa está dispoñible, só necesitas traer o teu carné da biblio e mergullarte no fantástico mundo dos libros. Esperámosvos  tod@s e desexámosvos unhas boas e apaixoantes lecturas!!