Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2015

XOSÉ NEIRA VILAS, O ADEUS A UN NENO LABREGO.

Imaxe
Dende o Equipo de Biblioteca, queremos facer notar a nosa mágoa pola perda dun dos mellores representantes da nosa lingua na escrita. O escritor, Xosé Neira Vilas , faleceu este pasado venres ós 87 anos de idade.  Xosé Neira Vilas, o autor de Memorias dun neno labrego (o libro máis lido na historia da literatura galega), déixanos cunha prolífica obra na que destacan escritos sobre a emigración e a Galicia rural. Membro da Real Academia Galega, Doctor Honoris Causa polas facultades de A Coruña e A Habana, premiado tanto pola crítica española coma pola galega, Premio Laxeiro, Premio Celanova Casa dos Poetas, Medalla de Castelao, Medalla de ouro de Galicia, etc.; son entre outros moitos dos seus logros. Pero se algo botaremos de menos de Neira Vilas, estas serán dende logo, as súas letras. Deixámosvos cun dos seus poemas, esperando con ansia o día que as festexemos nun 17 de maio. Ata sempre, querido neno labrego. XOGUETE O neno pobre cabalga nunha p

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ola a todxs, nenxs! Hoxe queremos facer unha paréntese nas nosas labores para lembrar a importancia que teñen para nós datas coma as da semana pasada. 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero. Para mostrar a nosa implicación con esta importante data vos propoñemos esta curta que nos trouxeron dende un grupo do concello que viu a dar unha charla xs nenxs sobre a temática.  Lembrade que este día e para traballar todos os días. No cole, na casa, cos pais, cos irmáns, sempre. Por último queremos sumarnos o hashtag  #NiUnaMenos Por todas as mulleres que pedemos este ano.

Exposición do mes de tradición oral na biblio

Imaxe
Todavía non pasaches pola expo que temos na biblio? A que esperas? Durante uns días teremos na nosa biblioteca unha expo moi especial, feita grazas a contribución de moitos de vós. Estamos encantado co resultado!!  MIRADE QUE CHULADA!!!!   Ven pola biblio e poderás facer unha viaxe polo pasado!! Con motivo do festexo do mes de tradición oral, traballamos a tradición no cole. Está superrrrecomendado! ;) Ata máis ver!!

#JeSuisParís

Imaxe
Onte ás 12:00 da mañá tivemos no cole un minuto de silencio polas víctimas dos atentados de París desta fin de semana. Dende o equipo de biblioteca queremos sumarnos ás mostras de respecto e condolencia polas víctimas e as súas familias. Queremos mostrar, nestes momentos máis que nunca, a nosa paixón pola cultura e pola diversidade, polo respecto e pola paz. Invitámosvos a expresarvos no noso blog na sección de comentarios acerca dos vosos sentimentos neste intre. #Je suis París  

33 RAZÓNS PARA LER

Imaxe
Ola a todxs!! Para esta fin de semana ou para calquera momento en particular, xa sabedes que hai milleiros de razóns para ler. Aínda así, vos compartimos esta imaxe de Barco de vapor , onde nos comentan algunhas a modo de infografía. Podes deixar a túa razón en comentarios, debaixo da entrada. Ratiño e Ratiña prometemos contestarvos a todos os que vos animedes. E aproveitamos para recordarvos que xa está en marcha o blog do Proxecto Documental Integrado deste ano, Artella-Mos . Podedes acceder a el dende o enlace que tedes na cabeceira deste blog, pero vos deixamos un enlace directo AQUÍ. Ata prontoooooo!!!
Imaxe
OLA NENAS E NENOS!!!!! RATIÑA E RATIÑO QUEREMOS INFORMAROS QUE DESPOIS DE MOITO TRABALLO XA TEDES NA BIBLIOTECA  O LIBRO QUE COUSA COUSIÑA É?  NO APARTADO DE NOVIDADES. NESTE LIBRO ATÓPANSE TODAS AS ADIVIÑAS QUE TANTO INFANTIL COMO 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA NOS TROUXESTES COA AXUDA DA VOSA FAMILIA O CURSO PASADO. MOITAS GRACIAAAAAASSSSSSSS!!!!

AVISO IMPORTANTE A NAVEGANTES LECTORES

Imaxe
Ola a todos, rapaciñxs! Temos que darvos un aviso moi, moi importante !!  Lembrades a actividade que temos pendente para novembro relacionada coa tradicion oral? Pois xa estamos en novembro !! Así que tedes que ir buscando neses faiados as fotos antigas da avoa no cole, do tío Pepe con esa cara de traste, de mamá e as súas coletas,... De quen vós queirades que nos axude a festexar o mes da tradición no cole . Estamos desexandeo ver esas fotos alucinantes, cheas de historietas e anécdotas das boas.   E lembrade que se tedes un avó marchoso, unha avoa que non cala nin debaixo da auga ou uns pais os que lles guste falar moito dos seus tempos mozos no cole; estaremos encantados de recibilos para que nos falen das súas vivencias. Este vai ser un mes para á lembranza e querémolo vivir con todxs vós. Ata pronto, amiguiñxs!!