5.11.10

CANDO OS LIBROS SAEN DOS ANDEIS DA BIBLIOTECA

É entón cando atopan o seu sentido. O pasado venres comprobámolo coa dinamización do espazo lector do corredor de primaria que realizaron os nenos e nenas de 6º. Coas súas explicacións coñecimos un pouco máis afondo a vida do xenial poeta Miguel Hernández, cos seus recitados sentimos a emoción das palabras que os conforman.
Sentimos a mesma pena que debeu sentir o poeta no cárcere lonxe da súa familia... da súa muller, do seu bebé...
Aquí tendes unha pequena parte do acto en vídeo.


Apla
udimos moito aos compañeiros de sexto e á súa titora pola iniciativa. QUEREMOS MÁIS! Somos ratiños e ratiñas lectoras ávidos destas sensación que produce a palabra escrita.
Durante toda a semana estará expostos os libros, cd e dvd dos fondos da biblioteca. Despois poderemos levalos en préstamo para casa.
Ademais o luns 8, martes 9 e mércores 10 de novembro neste espazo do corredor proxectarase durante a primeira parte do recreo un vídeo sobre a vida do poeta. Haberá un encargado de poñer en marcha a proxección do aula de 6º
Así que se vos animades poderedes comer o bocadillo mentras gozades coñecendo a vida de Miguel Hernández.



Sem comentários: