1.11.10

CENTENARIO DE MIGUEL HERNÁNDEZ

Os nenos e nenas de sexto levan un tempo xa traballando a figura de Miguel Hernández e na primeira semana de novembro realizarán un acto no espazo lector que teñen habilitado no corredor de primaria para dar a coñecer a vida e obra deste xenial poeta.
Durante o acto recitarán poemas e escoitaremos algún deles musicado. Presentarán tamén o libro da editorial Kalandraka "Miguel Hernández. 25 poemas ilustrados" e o traballo de Joan Manuel Serrat "Hijo de la luz y de la sombra" onde o músico catalán canta de novo ao poeta.

Estes dous materiais forman parte da nosa biblioteca escolar e despois desta presentación quedarán a disposición de todos os usuarios/as.
Para abrir boca aquí tendes toda a información que está colgada nos paneis.


MIGUEL HERNÁNDEZ

Sem comentários: