DESPEDIDA E RECOMENDACIÓNS DE VERÁN
E case sen decatarnos, chegamos ao final dun novo curso. Ao longo destes meses, a biblioteca escolar foi moito máis ca un espazo cheo de libros. Foi un lugar de encontro, de descubrimentos, de lecturas compartidas, de proxectos, de investigacións, de exposicións, de creación e de aprendizaxes que nos acompañarán moito máis alá destas paredes. Cada préstamo, cada recomendación, cada xogo, cada visita, cada actividade e cada historia compartida contribuíu a facer da nosa biblioteca un espazo vivo, construído entre todas e todos. Para acompañar este tempo de descanso, deixámosvos as nosas recomendacións para o verán , unha invitación a seguir viaxando a través dos libros e a descubrir novos xogos. Porque as vacacións son un tempo perfecto para ler polo pracer de ler. Grazas a toda a comunidade educativa por seguir facendo da biblioteca un lugar cheo de vida. Agora toca descansar, xogar, compartir e encher a mochila de novas experiencias. Nós quedamos gardando histor...