ESTEREOTIPOS DE XÉNERO

Durante este curso o alumnado que asiste ás aulas de atención educativa utilizará como ferramenta o blog http://estereotiposdexenero.blogspot.com . A profesora responsable é membro do equipo de biblioteca e centrará parte das súas actividades en analizar os estereotipos de xénero na literatura infantil.
Como xa sabedes o proxecto anual de biblioteca está adicado ao xénero da poesía e a igualdade. A igualdade de xénero como é ben sabido, non é real, así que dende a biblioteca non aforraremos esforzos para colaborar no camiño ata acadala. A partir de hoxe tendes o enlace co novo blog na columna da dereita. Se o preferides podedes premer na imaxe.


Comentarios