Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2025

CALDIÑO DE GLORIA

Imaxe
O pasado 23 de febreiro, conmemorouse o Día de Rosalía de Castro, unha data especial para lembrar e homenaxear a unha das figuras máis importantes da nosa literatura e identidade como pobo. Con tal motivo, o pasado venres 21, reunímonos no espazo para celebralo dun xeito moi especial. O noso alumnado puxo voz ao emotivo poema Miña casiña, meu lar , nun podcast que escoitamos todas e todos xuntos. Agora, podedes desfrutalo vós tamén na sección de podcast da nosa biblioteca ou pinchando no enlace desta entrada. Ademais, vinculamos esta celebración co Proxecto Documental Integrado (PDI) do centro, que este curso trata sobre a alimentación saudable e o obxectivo de fame cero. Aprendemos a preparar o tradicional caldiño de gloria , unha receita sinxela pero nutritiva que simboliza a importancia de aproveitar os alimentos dispoñibles e de valorar unha alimentación sostible e accesible para todas as persoas. Con este pequeno xesto, reflexionamos sobre a necesidade de garantir unha nutrición...

OBRADOIRO DE SCRAPBOOKING

Imaxe
A pasada semana, a nosa biblioteca converteuse nun espazo de creatividade e aprendizaxe grazas a un fantástico obradoiro de scrapbooking , organizado a través da Escola de Talentos do centro. O alumnado de 4º de primaria tivo a sorte de participar nesta actividade, guiada por unha invitada moi especial: a nai dunha das alumnas de 4º, quen nos achegou ao marabilloso mundo do scrapbooking. Durante o taller, os nenos e nenas descubriron diferentes técnicas para personalizar os seus propios cadernos a través do uso de papeis decorativos, adhesivos, selos e outros materiais creativos. Foi unha sesión chea de inspiración, na que puideron experimentar, crear e, sobre todo, gozar dun tempo de aprendizaxe diferente e enriquecedor. Este tipo de actividades non só fomentan a creatividade, senón que tamén axudan a desenvolver habilidades manuais, a paciencia e a capacidade de planificación. Ademais, permiten que a biblioteca se converta nun espazo dinámico onde a comunidade educativa pode compart...

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ: ALMORZOS DE GRATITUDE

Imaxe
Este xoves día 30 celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz (DENIP), unha xornada para fomentar valores como a solidariedade, o respecto e a gratitude. Para esta ocasión, organizamos unha actividade chamada “Almorzos de Gratitude” , en consonancia co PDI de centro, na que cada aula preparou un pequeno agasallo para outra clase compañeira, fomentando a gratitude entre o alumnado. A través deste almorzo, baseado en alimentos saudables, o alumnado puido compartir un momento de coidado e atención cara aos demais. Pero o máis significativo foron as mensaxes escritas nos “Panos de Gratitude” , onde expresaron palabras de agradecemento e recoñecemento, contruibuindo ao Proxecto Lector. Este intercambio permitiulles comprender a importancia de valorar aos demais e expresar emocións positivas. Ademais, o alumnado de sexto curso levou a cabo unha reflexión, a través dunha presentación preparada por eles e ellas, sobre un tema de gran relevancia: a fame no mundo.  A través da súa ex...