OBRADOIRO DE SCRAPBOOKING

A pasada semana, a nosa biblioteca converteuse nun espazo de creatividade e aprendizaxe grazas a un fantástico obradoiro de scrapbooking, organizado a través da Escola de Talentos do centro. O alumnado de 4º de primaria tivo a sorte de participar nesta actividade, guiada por unha invitada moi especial: a nai dunha das alumnas de 4º, quen nos achegou ao marabilloso mundo do scrapbooking.

Durante o taller, os nenos e nenas descubriron diferentes técnicas para personalizar os seus propios cadernos a través do uso de papeis decorativos, adhesivos, selos e outros materiais creativos. Foi unha sesión chea de inspiración, na que puideron experimentar, crear e, sobre todo, gozar dun tempo de aprendizaxe diferente e enriquecedor.

Este tipo de actividades non só fomentan a creatividade, senón que tamén axudan a desenvolver habilidades manuais, a paciencia e a capacidade de planificación. Ademais, permiten que a biblioteca se converta nun espazo dinámico onde a comunidade educativa pode compartir coñecementos e experiencias enriquecedoras.

Queremos agradecer de corazón á nosa invitada e a súa compañeira pola súa dedicación e entusiasmo, así como á empresa Oh! Naif por facer posible esta actividade. 

Sen dúbida, foi unha experiencia inesquecible para as e os participantes.







Comentarios