Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2024

LIBROS LIBERADOS

Imaxe
Presentamos a nova casiña de libros liberados exposta na entrada do cole. Este espazo está deseñado para fomentar o amor pola lectura e promover o intercambio de coñecementos entre toda a comunidade escolar. Esta casiña está aberta a todos/as : alumnado, docentes, familias e mesmo aos peregrinos/as que pasan polo noso centro no seu camiño. A súa boa acollida demostra o valor da lectura compartida e a importancia de manter viva a curiosidade intelectual.  Animámosvos a seguir facendo un uso responsable deste recurso, contribuíndo ao seu coidado e respectando os libros para que todas e todos poidamos gozar deles.  Grazas por ser parte desta iniciativa e por fortalecer a nosa comunidade a través da lectura!

BIBLIOPATIO INFANTIL

Imaxe
 Compartimos un dos últimos espazos dos que dispón o alumnado de Educación Infantil: a bibliopatio. Tras o éxito no patio de Educación Primaria, ampliamos este recuncho para tamén os/as máis peques do cole, para gozar da lectura ao aire libre, nun entorno natural e tranquilo. Aquí, baixo a sombra das nosas árbores e/ou ao sol no noso espazo verde, poden escoller libros para gozar da lectura de forma individual ou en compañía. Tamén organizan as súas propias sesións de contacontos, estimulando así a súa imaxinación e creatividade e fomentando a socialización entre iguais. Un espazo onde, lectura e natureza van da man.

NOVIDADES MAIO

Imaxe
A vindeira semana celebramos a Semana das Letras Galegas cunha selección especial de libros en galego.  Descubre as últimas adquisicións e mergúllate na riqueza da nosa lingua

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

Imaxe
Outra das iniciativas que puxemos en marcha no mes de abril foi "As familias tamén contan" , unha actividade na que invitamos ás familias do alumnado de Educación Infantil a achegarse á escola para contarnos un conto e pasar un rato agradable de lectura xuntos/as. Nada hai máis especial que escoitar un conto narrado polos pais, nais ou familiares das nosas pequenas e dos nosos pequenos. Cada historia é única, chea de afecto e conexión coa nosa cultura e tradición. Nestes encontros, creamos un espazo acolledor onde alumnado e familias poden compartir momentos de complicidade e descubrir o pracer da lectura. Estamos moi agradecidxs como centro ás familias que participan nesta iniciativa, pois coa súa presenza enriquecen a nosa comunidade escolar e axudan a fomentar o amor pola lectura nos máis cativos e cativas. Porque todas as familian contan... e moito. Grazas por formar parte desta bonita experiencia!

SEMANA DO LIBRO

Imaxe
 Aquí presentamos o cartel para a Semana do Libro, unha semana especial chea de actividades para todxs. Obradoiro de marcapáxinas no tempo de lecer :  Durante os recreos, no horario destinado a cada ciclo, a nosa biblioteca transformouse nun obradoiro de creatividade co obradoiro de marca páxinas feitos con tela reutilizada, aportada polas familias. De forma voluntaria, o alumnado, coa axuda e colaboración do equipo de voluntariado da biblio, puido poñer a proba a súa habilidade manual e a súa creatividade ao mesmo tempo que aprendían sobre a importancia da reutilización de materiais e o coidado do medio ambiente. Libros liberados :  Espallamos a maxia da lectura coa iniciativa dos libros liberados. Na entrada do cole, púxose un espazo adicado a esta proposta, invitando a liberar un libro e levar outro, dándolle unha segunda vida ao mesmo. Amadriñamentos lectores: Unha vez máis, o alumnado de cursos superiores tivo a marabillosa oportunidade de compartir a súa paixón po...

Día Internacional contra o Acoso Escolar

Imaxe
Neste 2 de maio, data na que se conmemora o Día Internacional contra o Acoso Escolar, queremos destacar a importancia de falar abertamente sobre esta temática que afecta a toda a comunidade educativa. Recentemente, a nosa "teacher Alba" foi entrevistada polo xornal Faro de Vigo, onde compartiu a súa visión sobre esta dura realidade. As súas palabras foron un recordatorio do compromiso colectivo que temos como comunidade para previr e combater o acoso escolar. Deixamos o enlace á noticia así como a documentación gráfica da mesma. Ademais, na nosa biblioteca, entendemos a importancia de ofrecer recursos que axuden a concienciar e previr este tipo de situacións. É por iso que, seleccionamos unha serie de materiais bibliográficos que abordan o tema do acoso escolar dende diferentes perspectivas, pois cremos firmemente que a educación é a chave para crear un ambiente escolar seguro e respectuoso para todos e todas. Na nosa biblioteca, estamos comprometidos e comprometidas a apo...

DÍA DAS ARTES GALEGAS

Imaxe
No mes de abril c elebramos o Día das Artes Galegas cunha sorpresa moi especial! Este ano, tivemos a honra de recibir a unha talentosa artista mosense, que nos deleitou coa súa música e o seu arte: Uxía Senlle. Foi unha mañá chea de emoción e alegría cando a nosa convidada sorpresa chegou ao centro. Co seu carisma e o seu talento, a nosa convidada mergullounos no fascinante mundo da música galega. Cantou algunhas das súas cancións máis emblemáticas, cheas de tradición e emoción, e cautivounos coa súa voz única e a súa habilidade para transmitir sentimentos a través da música. Ademais, interpretou, en primicia, unha das súas últimas obras sobre a autora Luisa Villalta , á quen se lle adica este ano as Letras Galegas. Nos días previos, todxs xuntxs no espazo de reflexión, fomos descubrindo pouco a pouco a identidade desta talentosa artista mediante pistas ata que finalmente foi revelada. Foi unha experiencia inesquecible para todos nós. Ademais de gozar da súa actuación, tamén tivemos ...