Día Internacional contra o Acoso Escolar

Neste 2 de maio, data na que se conmemora o Día Internacional contra o Acoso Escolar, queremos destacar a importancia de falar abertamente sobre esta temática que afecta a toda a comunidade educativa.

Recentemente, a nosa "teacher Alba" foi entrevistada polo xornal Faro de Vigo, onde compartiu a súa visión sobre esta dura realidade. As súas palabras foron un recordatorio do compromiso colectivo que temos como comunidade para previr e combater o acoso escolar.

Deixamos o enlace á noticia así como a documentación gráfica da mesma.


Ademais, na nosa biblioteca, entendemos a importancia de ofrecer recursos que axuden a concienciar e previr este tipo de situacións. É por iso que, seleccionamos unha serie de materiais bibliográficos que abordan o tema do acoso escolar dende diferentes perspectivas, pois cremos firmemente que a educación é a chave para crear un ambiente escolar seguro e respectuoso para todos e todas.

Na nosa biblioteca, estamos comprometidos e comprometidas a apoiar este obxectivo e a seguir ofrecendo recursos e actividades que promovan unha cultura de respecto e inclusión.


Comentarios