SEMANA DO LIBRO

 Aquí presentamos o cartel para a Semana do Libro, unha semana especial chea de actividades para todxs.


Obradoiro de marcapáxinas no tempo de lecerDurante os recreos, no horario destinado a cada ciclo, a nosa biblioteca transformouse nun obradoiro de creatividade co obradoiro de marca páxinas feitos con tela reutilizada, aportada polas familias. De forma voluntaria, o alumnado, coa axuda e colaboración do equipo de voluntariado da biblio, puido poñer a proba a súa habilidade manual e a súa creatividade ao mesmo tempo que aprendían sobre a importancia da reutilización de materiais e o coidado do medio ambiente.





Libros liberadosEspallamos a maxia da lectura coa iniciativa dos libros liberados. Na entrada do cole, púxose un espazo adicado a esta proposta, invitando a liberar un libro e levar outro, dándolle unha segunda vida ao mesmo.

Amadriñamentos lectores: Unha vez máis, o alumnado de cursos superiores tivo a marabillosa oportunidade de compartir a súa paixón pola lectura coas crianzas máis pequenas, no momento de hora de ler do martes 23 de abril. Foi un momento de conexión especial no que os máis grandes compartiron os seus libros favoritos ou os libros favoritos dos seus afillados/as cos máis novos, fomentando así o amor pola lectura dende as primeiras idades.









Presentación do libro "Sendeiro de Aromáticas"Este ano o equipo da Horta puxo en marcha un "Sendeiro de Aromáticas" para estimular os sentidos do noso alumnado. Cada aula investigou os usos e beneficios (mediciñais e culinarios) da planta aromática escollida e coa información fixemos un caderno de campo sobre as mesmas.

O xoves 25 na hora de ler, alumnado voluntariado de quinto e sexto de primaria presentounosn na horta escolar, o libro rematado, quedando xa a disposición de toda a comunidad educativa na nosa biblio. 

Trátase dun libro inclusivo, presentando texto, ilustración e mesmo formato audio, xa que cada grupo grabou na radio do cole un podcast con todo o aprendido e con iso crearemos uns códigos QR que puxemos tanto no libro como no sendeiro das aromáticas, baixo a planta correspondente. 

Todos os audios podedes escoitalos no podcast da biblioteca escolar e aquí vos deixamos unha presentación online con todo o realizado.


En honra ao mes de abril,renovamos o noso compromiso de seguir sendo un espazo acolledor e enriquecedor para todos os nenos e nenas que buscan explorar, aprender e soar a través da lectura. 

                                  Feliz lectura e feliz mes de abril dende a nosa biblioteca!


Comentarios