Na Semana do 4 ao 8 de marzo conmemoramos a Semana da Prensa, unha data que aproveitamos para divulgar, mediante o formato podcast , o investigado e aprendido sobre as plantas aromáticas, unha tarefa proposta polo Equipo Da Horta Escolar. As plantas aromáticas son unha parte importante da nosa horta, xa que estas aportan grandes beneficios. Fai anos comezouse plantando Herba Luisa e Romeu , este ano engadimos Lavanda, Tomiño, Albáfega, Ourego, Menta, Salvia, Ceboliño, Perexil e Ruda . Así, cada curso (nivel) do cole asumiu a tarefa de investigar a fondo unha planta aromática para crear un Sendeiro de Plantas Aromáticas; desde os seus orixes ata as súas propiedades e usos, o alumnado descubriu os segredos que estas plantas gardan e despois transmitiron as súas aprendizaxes na radio escolar. Cos sus traballos tamén farase un caderno de campo para ter de fondo bibliográfico na biblioteca, facendo este recurso más inclusivo coa creación de código...