8M: AMADRIÑAMENTOS LECTORES

 O pasado venres, polo Día Internacional da Muller, levamos a cabo unha das actividades estrela ano tras ano: "os aMadriñamentos lectores", coa pretensión de non só enriquecer as habilidades lectoras do noso alumnado, senón tamén de promover valores de igualdade e empoderamento entre mulleres e homes desde unha idade temperá.

Así, os amadriñamentos lectores son unha forma única de conectar a comunidade escolar, facendo que a cativada máis maior actúen como "madriñas" ou "padriños" para os máis novos. Esta relación de mentoría non só fomenta a lectura, senón que tamén promove modelos de roles positivos e igualitarios, promovendo unha cultura de igualdade de xénero.

Previamente a esta sesión que tivo lugar no momento de hora de ler, tanto padriños, madriñas como afillados e afilladas tiveron espazos e tempos para coñecerse mellor, compartir momentos e mesmo cohesionar.

Seguiremos a traballar na nosa biblioteca para crear un espazo onde a diversidade sexa celebrada e a igualdade sexa promovida activamente a través da lectura e do compañeirismo.

Aquí deixamos unha pequena mostra deste momento así como a selección de recursos expostos na biblioteca para esta conmemoración.


















Comentarios