SEMANA DA PRENSA: AS PLANTAS AROMÁTICAS

 Na Semana do 4 ao 8 de marzo conmemoramos a Semana da Prensa, unha data que aproveitamos para divulgar, mediante o formato podcast, o investigado e aprendido sobre as plantas aromáticas, unha tarefa proposta polo Equipo Da Horta Escolar.

As plantas aromáticas son unha parte importante da nosa horta, xa que estas aportan grandes beneficios. Fai anos comezouse plantando Herba Luisa e Romeu, este ano engadimos Lavanda, Tomiño, Albáfega, Ourego, Menta, Salvia, Ceboliño, Perexil e Ruda.

Así, cada curso (nivel) do cole asumiu a tarefa de investigar a fondo unha planta aromática para crear un Sendeiro de Plantas Aromáticas; desde os seus orixes ata as súas propiedades e usos, o alumnado descubriu os segredos que estas plantas gardan e despois transmitiron as súas aprendizaxes na radio escolar.

Cos sus traballos tamén farase un caderno de campo para ter de fondo bibliográfico na biblioteca, facendo este recurso más inclusivo coa creación de códigos QR de cada podcast sobre cada unha das aromáticas.

Esta investigación tamén trouxo consigo a oportunidade de vivir experiencias sensoriais. Por exemplo, aquí podedes ver ao alumnado de 4 anos estimulando todos os seus sentidos para coñecer e dar a coñecer os usos e beneficios do romeu: “Cociñaron” dándolle sabor á comida co romeu, fixeron auga de romeu para comprobar na súa propia pel as súas propiedades, fixeron uns saquiños aromáticos personalizados, reutilizando retais, etc.









Tamén o alumnado de 5 anos, investigou en familia sobre a súa planta aromática, neste caso o tomiño, e con estas aportacións realizaron o podcast.


 

Foi unha experiencia única que enriqueceu as súas vidas e os conectou de maneira máis profunda coa natureza que nos rodea.

Aquí podedes escoitar os podcasts das diferentes aulas nos que se recollen todas as investigacións realizadas sobre as herbas aromáticas que van a formar parte do "Sendeiro de Aromáticas" da nosa horta. 


Comentarios