3 DECEMBRO: DETECTORES DE BARREIRAS
Polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro), creamos un pequeno stand cunha selección de recursos para sensibilizar, concienciar e empatizar coa diversidade. Ademais, comezamos co seguinte Reto, enmarcado no proxecto CLab para Polos Creativos, coordinado polo Equipo TIC e o Equipo SAAC: "Detectores de barreiras" , para facer do cole un lugar máis accesible a todo tipo de diversidade. Como motivación, unha mañá ao chegar ao cole atopamos un muro, unha barreira coa que comezamos a facernos preguntas e plantexarnos solucións: Tamén nas aulas, o profesorado, iniciou a primeira sesión aportando algunha barreira : falar nun idioma inventado, falar moi baixiño, atrancar as portas con cadeiras, poñer as mesas do revés, colocar material en altura ao que non podan acceder... Posteriormente, tivemos a sesión de charla experta para afrontar o reto. A nosa profe Marta, especialista en PT, deseñou para todo o alumnado a actividade Detectives de barreiras, coa...