PRESENTACIÓN PDI CURSO 23-24

No pasado mes de outubro, tras a inauguración da biblioteca, cada aula asistimos a biblio para descubrir a temática na que traballaremos e profundizaremos este curso, dentro do PDI "Estamos Aquí", centrándonos en aprender a consumir dun modo responsable, seguindo o ODS 12.



Como elemento motivador, visualizamos unha presentación interactiva e realizamos diversas propostas que nos sensibilizan e crean conciencia cara a comezar a investigar e traballar no proxecto.


Partindo de tapóns azuis que traemos de casa, respostamos a unha cuestión plantexada, observando de forma moi visual o resultado:

ALGUNHA VEZ COMPRACHE OU TE REGALARON ALGO QUE USARAS UNHA VEZ OU NINGUNHA?




Tamén investigamos sobre o consumo da auga a través do Merge Cube, visualizando mediante a realidade aumentada diversos lugares no mundo con risco de sequía, reflexionando sobre as súas causas e consecuencias e aportando pequenas accións que podemos facer.







Aprendemos tamén nesta sesión que para fabricar un pantalón vaquero precísanse máis de 3000 litros de auga, elemento natural que está sufrindo as consecuencias do quecemento global.

Desta forma, o Equipo de Biblio e Polos Creativos propoñen un reto con producto final determinado:
Deseñar  unha marca de roupa ecosostible que loite contra o consumo.

Xa temos traballo: investigar, crear e presentar...

COMEZAMOS!

Comentarios