3 DECEMBRO: DETECTORES DE BARREIRAS

Polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro), creamos un pequeno stand cunha selección de recursos para sensibilizar, concienciar e empatizar coa diversidade.

Ademais, comezamos co seguinte Reto, enmarcado no proxecto CLab para Polos Creativos, coordinado polo Equipo TIC e o Equipo SAAC: "Detectores de barreiras", para facer do cole un lugar máis accesible a todo tipo de diversidade.

Como motivación, unha mañá ao chegar ao cole atopamos un muro, unha barreira coa que comezamos a facernos preguntas e plantexarnos solucións:





Tamén nas aulas, o profesorado, iniciou a primeira sesión aportando algunha barreira: falar nun idioma inventado, falar moi baixiño, atrancar as portas con cadeiras, poñer as mesas do revés, colocar material en altura ao que non podan acceder...


Posteriormente, tivemos a sesión de charla experta para afrontar o reto. A nosa profe Marta, especialista en PT, deseñou para todo o alumnado a actividade Detectives de barreiras, coa finalidade de entender que é unha barreira e que tipo de barreiras nos pon a sociedade ou o entorno do que estamos arrodeados. Co símil do videoxogo, eles e elas foron entendendo como ten que cambiar o seu entorno máis cercano para que sexa máis accesible, pois descubrimos que no noso centro xa temos moito traballo feito, pois o Equipo SAAC xa fixo sinalizacións con: pictogramas, códigos QR con Lingua de Signos e códigos navilens. Ademais de que dispomos de rampas e ascensor para romper con barreiras de movilidade.


Pero, que pasa cando saímos da casa para vir ao centro? No noso alumnado teremos a detectives de barreiras e xunto coa axuda das familias e outras organizacións, vamos a poñernos mans á obra, comezando co centro e co noso concello.









Comentarios