CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Durante este mes de novembro celebramos o mes da ciencia en galego na nosa biblioteca, coa colaboración no Equipo da Horta Escolar, xa que partimos do manifesto para este ano 2023 baixo o título "Sementeiras de curiosidade científica", para traballar por e para nosa horta escolar.

Para iso, primeiro recibimos no cole a unha invitada de honor! Visitounos Elia, unha ex alumna e experta en agricultura ecolóxicareferente no noso concello e seguro que moito máis aló (poderedes atopala nas redes sociais como @huertelia). Con ela aprendemos moitas cousas interesantes para seguir enriquecendo e enriquecéndonos da nosa horta, a cal queremos convertir en 100% ecolóxica.

Fixemos un obradoiro de cultivos de outono e productos de tempada, contribuindo así ao PDI do centro e ao consumo responsable. Tróuxonos sementes de xirasois vermellos, cabazas Peter Pan e flores e follas que se poden comer e ata estampar en teas!

Mostrounos cómo facelo e invitounos a elo (coas flores e follas da nosa horta e patio ou outras das nosas casas, por exemplo).












Na vindeira semana, puxémonos mans á obra e, nas horas de cada aula adicadas á biblioteca entro do horario escolar, realizamos un obradoiro de estampación de flores e follas nunha gran tela, para facer un cadro colectivo e expoñelo no centro.







Xa para rematar este mes cheo de actividades, tivemos a sorte de contar con alumnado do Centro Juan María de Nigrán, quenes viñeron para dar unha charla moi científica ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. 

Faláronnos sobre a recollida e reciclaxe de tapóns e grazas a eles, agora xa temos ben claro que tapóns son os idóneos para reciclar e cales non (recordamos que somos centro de recollida de tapóns).

Agora, este alumnado será o responsable de recorrer as aulas para explicar o aprendido e transmitir este coñecemento que elxs xa teñen.



Comentarios