A BIBLIO NOS RECREOS

Neste curso, voltamos coa apertura dos recreos na biblio! Todas as semanas, os luns, mércores e venres, o alumnado de Educación Primaria, pode gozar deste intre no espazo da biblio, acompañado cada día por compañeirxs de 5º e 6º de EP pertencentes ao Equipo de Voluntariado, quenes desenvolven unha gran labor.

Neste momento, poden, desde pasar o tempo de lecer coa compañía dun bo libro ata gozar dos espazos de xogo, experimentación e creación. Tamén, ao longo do curso, levaranse a cabo propostas diversas, como poden ser obradoiros no espazo creativo, para dinamizar máis activamente este momento.







Outra das propostas que segue en marcha e que se oferta todos os luns no patio de primaria é a Bibliopatio, un espazo ao aire libre onde o alumnado pode gozar da natureza mentres len, comparten ideas ou simplemente reláxase nun ambiente máis tranquilo.



Comentarios