20N: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

No Día Universal da Infancia, celebrado o pasado 20 de novembro, sumámonos á iniciativa de ASEAF (Asociación Estatal de Acollemento Familiar) do DÍA DO PIXAMA, acudindo ao cole en pixama como simboloxía do dereito que ten toda a cativada a ter un fogar co seu "momento pixama" (quentiño, ao carón da familia, nun fogar que o quere e coida con agarimo).






En coincidencia desta conmemoración co día do Acollemento Familiar (recollido baixo o lema “todo nenx ten dereito a medrar en familia”) damos visibilidade á realidade que viven casi 17.000 nenxs en España que crecen en centros de acollida. O alumnado de sexto preparou un manifesto explicativo sobre esta data e sobre esta situación en cuestión, expoñéndoa en directo a todo o centro na hora de ler a través da radio escolar.

Na biblio, ofertamos unha pequena exposición bibliográfica sobre a importancia e o dereito da infancia a ter unha familia, independentemente das súas características, respectando valor da mesma.


Ademais, durante a mesma xornada, en colaboración co Equipo de Convivencia e Benestar, 
nos diferentes niveis educativos desenvolvemos actividades relacionadas coa importancia da familia, dando a coñecer o acollemento familiar como recurso que ofrece aos menores separados das súas familias biolóxicas a posibilidade de medrar con outra familia que os acolle, acompaña e quere, durante o tempo que sexa necesario.

Así, na etapa de Educación Infantil, levaron a cabo a actividade "O fogar dos pixamas", na que cada nenx meteu na caixa "fogar" un obxecto persoal relacionado coa súa familia ou entorno, explicando o motivo polo que é especial. Entre todxs, fixemos unha pequena exposición cos nosos obxectos na entrada do centro.





Na etapa de Educación Primaria levaron a cabo a actividade chamadas "A tea dos desexos", para construír a gran tea dos desexos de todas a nenas e todos os nenos do centro e das súas familias, para outrxs nenxs.


Por un mundo onde se respecten e cumpran os dereitos da rapazada, recollidos na Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno/a.

No noso cole en consonancia cos ODS, demandamos un mundo mellor para a nosa infancia.







Comentarios