O NOSO SAMAÍN

Na conmemoración do Samaín, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Seccións Bilingües, levamos a cabo diversas actividades para festexar e vivenciar esta data. 

Aquí deixamos unha pequena mostra delas:

Presentación sobre a orixe do Samaín a cargo do alumnado de 6º de primaria, quen realizou unha presentación audiovisual para expoñer a todo o alumnado do cole no noso escenario de reflexión.





Como xa é costume, en colaboración coas nosas familias tan participativas, tivemos a exposición de cabazas decoradas en relación coa temática do PDI, nesta ocasión con elementos de refugallo (evitando o exceso de consumo).

Para nomear esta exposición, cada grupo aula adornou e personalizou unha letra coa temática axeitada para tal festividade, quedando así de terrorífica:









Coa nosa auxiliar de conversa, Katie, realizamos diversos obradoiros e propostas de aprendizaxe relacionadas con esta data, onde tamén nos achegou a súa cultura.

Así, o alumnado de infantil gozou dun contacontos moi monstruoso, partindo da obra literaria "Go away, big green monster".







O alumnado de primaria aprendou moitos conceptos sobre o Halloween nas sesións de inglés.








O alumnado de infantil tamén vivenciou esta festividade na aula gozando ao longo da semana de diversas propostas nos diferentes recantos, rematando cunha instalación de xogo moooooi espeluznante!











PASÁMOLO DE MEDO!

Comentarios