25N: LATRINALIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
"Tira da cadea" é o nome do proxecto de Latrinalia Contra a Violencia de Xénero que estivemos levando a cabo, colaborando co Equipo de Convivencia e Benestar, este novembro con motivo do 25N. Latrinalia é o arte do grafitti nos baños (as letrinas) e por iso nestes días, os nosos baños foron o escenario protagonista para facer as propostas. Porque queremos tirar toda a violencia de xénero polo retrete, queremos que ao tirar da cadea, todo o negativo e violeto desapareza... O obxectivo desta actividade é tranformar espazos cotiáns en pantallas de concienciación, usando os nosos baños como murais para espallar mensaxes contra a violencia de xénero (ao contrario do que acostumamos ver escrito...). Cada pincelada, cada palabra escrita, converteuse nun lembrete tanxible de que é fundamental loitar contra a violencia de xénero. A latrinalia permite que a arte sexa unha ferramenta para o cambio social, dando vida a mensaxes de igualdade, respecto, amor e solidariedade. Así, os no...