XOSÉ NEIRA VILAS, O ADEUS A UN NENO LABREGO.

Dende o Equipo de Biblioteca, queremos facer notar a nosa mágoa pola perda dun dos mellores representantes da nosa lingua na escrita.

O escritor, Xosé Neira Vilas, faleceu este pasado venres ós 87 anos de idade. 

Xosé Neira Vilas, o autor de Memorias dun neno labrego (o libro máis lido na historia da literatura galega), déixanos cunha prolífica obra na que destacan escritos sobre a emigración e a Galicia rural.


Membro da Real Academia Galega, Doctor Honoris Causa polas facultades de A Coruña e A Habana, premiado tanto pola crítica española coma pola galega, Premio Laxeiro, Premio Celanova Casa dos Poetas, Medalla de Castelao, Medalla de ouro de Galicia, etc.; son entre outros moitos dos seus logros.

Pero se algo botaremos de menos de Neira Vilas, estas serán dende logo, as súas letras. Deixámosvos cun dos seus poemas, esperando con ansia o día que as festexemos nun 17 de maio. Ata sempre, querido neno labrego.


XOGUETE


O neno pobre cabalga

nunha ponla de carballo.


-  Arre, cabalo rabisco

galopa e rincha voando.


Así vai de beira en beira

suorento, ilusionado.


Ben sabe que é pouca cousa

enredar cunhos follacos.


Na tenda hai xoguetes finos

pero non poden mercarllos.


Por eso anda o neno pobre

sobre dun pobre ramallo.





Comentarios