24.10.15

NOVEMBRO, MES DA TRADICIÓN ORAL.

Ola de novo, amiguiñxs!

Ratiño e Ratiña voltamos con novas para o mes de novembro. 

No vindeiro mes propoñémosvos a todxs: nenxs, nais, pais, avoas, avós, bisas, tátaras, profes, everybody, que participedes nunha actividade para conmemorar o fenómeno cultural da tradición oral.

A tradición oral, é un xeito de transmisión cultural das tradicións dun pobo mediante relatos, contos, fábulas, conxuros, cancións, trabalinguas, etc. Esta transmisión faise de pais a fillos nun regueiro de xeracións que herdan sabiduría que combate co tempo.



E como nós estamos a favor de todo tipo de transmisión cultural, dende o Equipo de Biblioteca queremos convidarvos a que a cultura local non desapareza mediante unha actividade para a que necesitamos da vosa colaboración. O noso colexio, a pesares dos cambios na súa estructura, albergou os ruidosos e cantareiros pasos de varias xeracións. Formade parte da historia do cole con esta expo para a lembranza!!

Aquí vos deixamos colgada a carta que recibiron as rapazas e rapaces esta semana, onde o explicamos todo.

 



Ata pronto, amigxs!!




 

Sem comentários: